InicioDeportesO regatista vigués Nico Rodríguez, consegue a terceira medalla olímipica para Galicia

O regatista vigués Nico Rodríguez, consegue a terceira medalla olímipica para Galicia

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os regatistas españois Jordi Xammar e Nicolás Rodríguez lograron a medalla de bronce na categoría de 470 de vela nos Xogos Olímpicos de Tokyo 2020, finalizando quintos na Medal Race e defendendo a terceira praza no cómputo global de regatas.

En Enoshina, sede da vela, o catalán Jordi Xammar e o vigués Nicolás Rodríguez defenderon ben a terceira praza á que chegaron a esta Medal Race final e lograron emular o bronce de Joan Cardona na clase Finn.

Os españois asinaron unha boa Medal Race, cumprindo co que era necesario para reter esa terceira praza unha vez que se confirmou a imposibilidade de optar a asaltar a prata que gañaron os suecos Dahlberg e Bergstrom.

Quintos na Medal Race, por detrás de Australia, Suecia, Nova Zelandia e Estados Unidos, Xammar e Rodríguez chegaron a ir terceiros nas dúas primeiras das cinco marcas da regata final. E a pesar de ser quintos, tiveron controlada en todo momento á embarcación de Nova Zelandia, a única que podía quitarlles o bronce.

Para iso, os neozelandeses Snow- Hansen e Willcox debían meter dúas embarcacións polo medio á parella española, e tan só McNay e Hugues, a parella estadounidense, logrou superar ao catalán e ao galego, que xogaron en todo momento co control da situación ao seu favor.

Na clasificación final de 470, Xammar e Rodríguez sumaron 45 puntos, polos 41 puntos da parella sueca e ambas as embarcacións lonxe dos 21 puntos que sumaron os australianos Belcher e Ryan, medalla de ouro totalmente inalcanzable para o resto.

É a segunda medalla olímpica para a vela nestes Xogos Olímpicos, a 21ª da historia olímpica, e a décima en total para a delegación española en Tokyo 2020, tras as de Cardona e a prata da padeeira Teresa Portela en K-1 200 do martes.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...