InicioDeportesSuspendidas as competicións de ámbito autonómico

Suspendidas as competicións de ámbito autonómico

Os deportistas de ámbito autonómico deberán rexerse polas mesmas regras que os deportistas convencionais.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Consellería de Sanidade decidiu suspender temporalmente as competicións de deporte federado de ámbito autonómico, así como aplicar a estes deportistas nos seus adestramentos os criterios xerais da poboación.

Segundo indicou o conselleiro de Sanidade, Xullo García Comesaña, dada a evolución da covid-19 en Galicia e en base ás recomendacións do comité clínico, quedarán temporalmente suspendidas as competicións deportivas federadas de ámbito autonómico, aínda que se manterán as de ámbito estatal.

En canto aos adestramentos, os deportistas de ámbito autonómico deberán rexerse polas mesmas regras que os deportistas convencionais, con adestramentos individuais ou de grupos dun máximo de catro persoas, e estarán suxeitos tanto ao toque de queda como ás limitacións de mobilidade, alí onde se apliquen.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...