InicioDeportesCaballero critica que Feijóo anuncie un módulo de atletismo no Ifevi sen...

Caballero critica que Feijóo anuncie un módulo de atletismo no Ifevi sen consultar ao padroado do recinto

O alcalde insiste en que a Xunta debe transferir 5,5 millóns de euros ao Concello para que este reforme as pistas de atletismo de Balaídos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu criticar este luns o anuncio feito a pasada semana pola Xunta, que avanzou que incluiría un módulo de atletismo na ampliación do Instituto Feiral de Vigo (Ifevi) para que os deportistas poidan adestrar a cuberto, un proxecto que, repetiu o rexedor, non foi trasladado ao Concello, e para o que non se consultou ao padroado do recinto feiral.

Caballero explicou que enviou unha carta ao presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, para instarlle a presentar o proxecto desas instalacións deportivas ao padroado do Ifevi, o órgano “que rexe” o recinto e que, segundo incidiu, non autorizou esa actuación.

A Xunta parece que se constituíu en propietaria do Ifevi (…), Feijóo debe crer que todo é seu”, censurou Abel Caballero, quen engadiu: “Eu tamén cando necesite unha sala máis grande que a que hai na miña casa, vou ver se collo unha casa en Vigo, como son o alcalde… É exactamente o mesmo, non esaxero nada”.

Así, tras esixir “respecto” pola autonomía do padroado e cuestionar o “concepto de democracia” de Feijóo, o rexedor volveu insistir en que a Xunta debe transferir 5,5 millóns de euros ao Concello para que este reforme as pistas de atletismo de Balaídos, nas que o goberno galego “non fixo nada en 12 anos”.

“Será que Feijóo non quere esas instalacións? Será que quere que as provisionais (no Ifevi) se convertan en definitivas?”, preguntou Caballero, quen volveu trasladar o seu temor de que a construción do módulo de atletismo atrase a obra de ampliación do Ifevi e non estea a tempo para a feira Conxemar.

RESPOSTA DA XUNTA

Pola súa banda, a delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, lamentou que o alcalde “nin sequera se alegre” cando se anuncian proxectos para a cidade, o que denota que “o seu único obxectivo é criticar” á administración autonómica, “antepondo os seus intereses partidistas”.

Así mesmo, volveu a aclarar que a construción do módulo será simultánea á ampliación e non a atrasará, e que a Xunta “en ningún caso” renuncia á reforma das pistas de Balaídos, para a que ten “proxecto e orzamento”, pero non licenza municipal polos problemas urbanísticos da cidade.

ÚLTIMAS

Vigo apaga “o mellor Nadal da historia do mundo”

Vigo apagou este domingo "o mellor Nadal da historia do mundo", tras preto de 60...

Piden máis de cinco anos de cárcere para tres acusados de estafar a inquilinos a través de contratos de aluguer de pisos

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, xulgará o...

Prisión para os 9 detidos vinculados cos 1.000 quilos de cocaína intervidos nun colector no porto de Vigo

O xulgado de instrución 4 de Vigo decretou o ingreso en prisión provisional, comunicada e sen fianza...

Abel Caballero sobre a AP-9:  “Se a xestionase Galicia non podería pagar a indemnización, España si”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu a reclamar este venres a gratuidade da autoestrada...