InicioDeportesDerradeiros días para inscribirse na XXIII Travesía a Nado do Porto da...

Derradeiros días para inscribirse na XXIII Travesía a Nado do Porto da Guarda

PUBLICADO O

- Advertisement -

O vindeiro venres día 29 de xuño péchase o prazo de inscricións para participar na XXIII
Travesía a Nado do Porto da Guarda, que terá lugar o sábado 7 de xullo, coincidindo coa
Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira.

As inscricións realízanse de xeito electrónico na web do Concello da Guarda, sendo precisa a lectura do regulamento de participación, así como asinar a autorización para os menores de idade que desexen participar.

Nesta XXIII edición, a Travesía a Nado do Porto da Guarda contará con 12 categorías por
idades, 6 femininas e 6 masculinas, para os nados en 1980 e anteriores, de 1981 a 1997, de 1998 a 2002, de 2003 a 2006, de 2007 a 2011 e de 2012 a 2018. Segundo a categoría elixida haberá dous percorridos de 400 e 1200 metros. Admítese a participación de persoas federadas e non federadas.

A proba comezará ás 12:00h no Porto da Guarda, con saída dende as escaleiras do muelle,
facendo un percorrido polo interior do recinto portuario, marcado por boias. Queda
prohibida a utilización de axudas externas como aletas, flotadores e similares.

O neopreno só se poderá utilizar se a temperatura da auga e menor aos 18º ou por decisión da organización. Poden empregarse as duchas quentes das instalacións do Club de Remo Robaleira. A entrega de premios realizarase a partires das 13:00h.

A XXIII edición a Travesía a Nado do Porto da Guarda está organizada pola Concellería de
Deportes do Concello da Guarda e colaboración co Clube Alagua, Río Verde, a Confraría de
Pescadores Santa Tecla e o Clube de Remo Robaleira.

ÚLTIMAS

Arde un prototipo creado por estudantes na Escola de Enxeñaría Industrial de Vigo

Un incendio nun garaxe anexo da Escola de Enxeñaría Industrial de Vigo, no campus...

Disputa familiar nas redes sociais mobiliza ás forzas de seguridade

A Garda Civil investiga a unha decena de persoas das zonas de Vigo e...

Falece Seve, figura esencial da cultura popular e musical do Porriño e comarca

A comarca do Condado e da Louriña amenceu hoxe envolta nunha fonda tristura tras...

Un home de 67 anos, ferido grave tras ser atropelado por un bus urbano

Un home, M.Z.A. de 67 anos de idade, resultou ferido grave na tarde deste...