InicioDeportesO tudense David Fernández, novo campión estatal de ciclismo enduro

O tudense David Fernández, novo campión estatal de ciclismo enduro

O corredor xa quedara primeiro nas probas enduro galegas de 2019.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Día de celebración no ciclismo galego logo de que o tudense David Fernández se proclamara campión a nivel estatal na categoría de enduro o pasado domingo. O rider da escola de ciclismo A.D. AVANZA conseguiu conquistar o título tras unha dura proba nos Pirineos que pon á selección galega de ciclismo no máis alto do podio estatal.

Segundo explica o corredor, a categoría enduro foi a primeira modalidade en poñerse en xogo nesta tempada especialmente atípica. “A falta de probas de este ano facía que os riders visen incrementadas as súas inquedanzas e ansias de poñer a proba o seu nivel físico ante a falta de competicións por culpa da pandemia do COVID 19“, explica.

UN DEPORTE ARRISCADO

O trunfo do Fernández suma un galardón máis á distinguida carreira dun deportista que o ano pasado xa se coroara como líder do enduro galego. O enduro configúrase como unha modalidade de ciclismo de montaña especialmente esixente e que reviste certo risco, xa que implica atravesar zonas boscosas “de grande dificultade” e a “gran velocidade”, segundo destaca unha páxina especializada no sector.

ÚLTIMAS

Vigo suspende por sorpresa a licitación do bus urbano, o maior contrato da súa historia

O Concello de Vigo publicou este luns na Plataforma de Contratación do Estado o...

A Xunta acorda a expropiación de case 15 hectáreas de monte comunal en Mos para a cidade deportiva do Celta

O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle este luns a resolución da Consellería de...

A UVigo supera o 100 % de ocupación nos graos e suma 3.883 novas matrículas

A Universidade de Vigo (UVigo) alcanzou unha taxa de ocupación do 103 % na...

Vigo reclama unha AP-9 pública, galega e sen peaxes e pide anular a última prórroga da concesión

O Pleno do Concello de Vigo aprobou este luns unha moción do BNG na...