InicioDeportesEmotiva homenaxe na Guarda aos remeiros que mantiveron viva a tradición fai...

Emotiva homenaxe na Guarda aos remeiros que mantiveron viva a tradición fai medio século

PUBLICADO O

- Advertisement -

Esta fin de semana o Auditorio de San Bieito da Guarda acolleu unha homenaxe a todos os remeiros guardeses dos anos comprendidos entre o 1940 e 1970. O acto, que tivera que suspenderse pola metereoloxía adversa do pasado 9 de xuño, estivo organizado pola Asociación Cultural de Embarcacións Tradicionais “Piueiro” e o Clube de Remo Robaleira, en colaboración co Concello da Guarda.

Fíxose a entrega de pracas conmemorativas a varios remeiros e tamén aos seus familiares,
pracas confeccionadas pola Asociación Avelaíña. Os homenaxeados foron pasando polo
centro do Auditorio nun corredor formado por rapaces e rapazas do Clube de Remo
Robaleira, quenes lle fixeron entrega dos seus recoñecementos entre os aplausos do
público asistente, e entre algunhas bágoas dos homenaxeados, moi emocionados con este
acto.

Homenaxe remeiros / Concello de A Guarda

O Alcalde da Guarda, Antonio Lomba, destacou a importancia de manter vivas as tradicións das antigas embarcacións a vela e remos, os grandes volanteiros e molleiros, e as diferentes tripulacións de remeiros guardeses.

Púxose en circulación un libro que recolle unha selección de fotografías sobre os
remeiros e os inicios deste deporte na vila guardesa, recopiladas de arquivos familiares e fotógrafos daquela época.

Sobre Piueiro

A Asociación Cultural de Embarcacións Tradicionais Piueiro nace a finais do ano 2017 na
Guarda co obxectivo de recuperar o pasado e a historia mariñeira da vila, potenciando,
recuperando e pondo en valor o mundo do mar da maniera tradicional.

ÚLTIMAS

Arde un prototipo creado por estudantes na Escola de Enxeñaría Industrial de Vigo

Un incendio nun garaxe anexo da Escola de Enxeñaría Industrial de Vigo, no campus...

Disputa familiar nas redes sociais mobiliza ás forzas de seguridade

A Garda Civil investiga a unha decena de persoas das zonas de Vigo e...

Falece Seve, figura esencial da cultura popular e musical do Porriño e comarca

A comarca do Condado e da Louriña amenceu hoxe envolta nunha fonda tristura tras...

Un home de 67 anos, ferido grave tras ser atropelado por un bus urbano

Un home, M.Z.A. de 67 anos de idade, resultou ferido grave na tarde deste...