InicioDeportesÓscar García, tralo empate do Celta en Granada: "Cada punto é importante...

Óscar García, tralo empate do Celta en Granada: “Cada punto é importante e máis nun campo coma este”

Os vigueses volven cun 0-0 que os sitúa a tres puntos por riba do descenso. Con todo, non se confían, porque son conscientes de erros cometidos nos pases, por exemplo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

EFE.- Despois do proveitoso empate conseguido polo Celta contra o Granada (0-0), o adestrador dos celestes, Óscar García, dixo que na situación en que están “cada punto é importante”. Máis aínda se era nun campo coma o Estadio Nuevo Los Cármenes, “porque poucos equipos puntuaron aquí”. “Queriamos gañar, pero o máis xusto foi o empate”, sostivo Óscar en rolda de prensa.

O técnico lamentou que no segundo tempo fallaron “moitos pases” e estiveron “moi imprecisos”. Recoñeceu que querían “defender máis co balón” pero que nese aspecto fixérono mellor “na primeira parte”.

“O Granada apertou moito, sempre ben axudado pola afección. Nos últimos metros tes que ter moita precisión e nós non a tivemos. Foi algo xeral, non de dous ou tres xogadores. Non afacemos ter eses erros no pase”, admitiu.

Sobre a situación do Celta na táboa, agora con tres puntos de renda sobre o descenso, comentou que van tentar “facer os máximos puntos posibles” e mirarse a eles mesmos. “Dependemos de nós e non facemos contas. Imos ir partido a partido e a tentar sumar en todos“, sentenciou o técnico do cadro vigués.EFE

ÚLTIMAS

A Policía investiga o achado dun cadáver en estado de descomposición nunha casa okupada de Vigo

A Policía Nacional investiga o achado do cadáver dun home en estado de descomposición,...

O PP propón un bono mensual de 20 euros para o bus de Vigo ante a subida do billete ordinario

O grupo municipal do PP de Vigo propuxo a implantación dun bono mensual de...

A Doblada: da desidia toponímica á desmemoria histórica

​Hai uns días, a Xunta de Galicia modificou decenas de toponímicos nas catro provincias,...

A Policía Nacional evita en Vigo que un home se lance ao baleiro desde unha terraza

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela evitaron que un home se lanzase...