InicioDeportesO Celta di que non abrirá as bancadas de Marcador e Gol...

O Celta di que non abrirá as bancadas de Marcador e Gol para evitar “outro Marisquiño”

O PP critica a "reforma exprés" nas instalacións para "aparentar seguridade" e esixe "transparencia". O concello asegura que hai un "mantemento diario" das instalacións.

PUBLICADO O

O Real Club Celta remitiu un burofax ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, no que lle comunica de que non abrirá as bancadas de Marcador e Gol para o partido do luns ante o Athletic Club de Bilbao, se non recibe “por escrito” un informe que certifique que son seguras e “aptas para a súa ocupación”.

A través dun comunicado, que asina o presidente da entirdad celeste e que fixo público o grupo municipal do PP, Carlos Mouriño sinala que actúa “en defensa de abonados, socios e afeccionados” do Celta, e para “evitar a posibilidade doutro ‘Marisquiño'”, en alusión ao accidente que causou centenares de feridos durante ese festival.

Este comunicado foi remitido ao Concello olívico días logo doutra carta, na que o presidente do Celta transmitiu a súa “preocupación” por estado desas bancadas, e pediu os informes técnicos que avalan que a seguridade está garantida.

Na última misiva, asinada o 31 de decembro pasado, Mouriño avanza a súa intención de “pechar” esas bancadas e sinala que o club compensará aos socios e afeccionados afectados, reclamándolle posteriormente ao Concello “todos os gastos e prexuízo que esta medida carrexe”.

“Sentimos tomar esta medida que vai prexudicar tremendamente ao RC Celta, pero preferimos correr ese risco e evitar calquera posibilidade de accidente”, apunta o presidente do club no burofax, e conclúe: “Señor alcalde, se todo está tan ben como di, por que non nos dá a autorización por escrito e nos entreguan os certificados?”.

Pola súa banda, do mesmo xeito que xa fixo o alcalde hai uns días, este mércores, o concelleiro de Fomento, Javier Pardo, recalcou que hai “un mantemento continuo” do estadio de Balaídos, e que se están acometendo “pequenas reparacións” desde o 26 de decembro que, “en ningún caso” implican un risco para a estrutura das bancadas. A ese respecto, incidiu en que, “uns días antes” do partido contra o Athletic, remitirase ao Celta “o informe coa total viabilidade e garantía de de as bancadas”.

O PP PIDE “TRANSPARENCIA”

Pola súa banda, o grupo municipal do PP esixiu novamente ao goberno municipal “transparencia” e que faga públicos os informes técnicos que garanten que as bancadas de Marcador e Gol son seguras, porque “hai inseguridade e intranquilidade” entre os afeccionados e peñas do RC Celta.

Así o trasladou en rolda de prensa o edil Miguel Fidalgo, quen denunciou a “ocultación e falta de información” do goberno local sobre a situación desas instalacións. Así mesmo, criticou que non se sabe o alcance das obras “que se acaban de inventar” e expresou as súas sospeitas de que se trata de “unha reforma exprés coa que pretenden facer unha foto e aparentar seguridade”.

“Esiximos a documentación e a certificación de que Gol e Marcador son aptas para o partido do 7 de xaneiro, para que os afeccionados estean tranquilos. O Concello, como propietario do estadio, é o máximo responsable e non deu nin unha soa resposta clara”, aseverou Fidalgo.

ÚLTIMAS

Sanidade non garante os salarios do persoal de ambulancias e realizará unha intervención pública da empresa

Altos cargos da Consellería, Sergas e 061 con representación do comité de folga da...

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

O Porto de Vigo segue batendo marcas

O Porto de Vigo pechou o primeiro trimestre do ano batendo a súa marca histórica de...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...