InicioDeportesO Celta busca un talismán contra o Real Madrid; a camisola celeste...

O Celta busca un talismán contra o Real Madrid; a camisola celeste que luciu Madonna no 1990

"Tela ti?", é a pregunta que lle lanza a presidenta do cluve a artista norteamericana.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Real Club Celta puxo en marcha unha rechamante iniciativa co fin de localizar a camiseta do equipo que luciu a cantante Madonna en 1990, durante o concerto que ofreceu no estadio de Balaídos. Así, segundo publica o club nas súas redes sociais, a presidenta da entidade, Marián Mouriño, dirixiu unha carta á artista na que lle pide a súa “axuda” para atopar esa peza. Nesa comunicación, explícalle que o recordo daquela noite do 29 de xullo de 1990 “segue moi vivo” entre a afección: “A túa imaxe coa nosa camiseta converteuse nun mito e forma parte desa historia do Celta que tamén se escribe fóra do terreo de xogo”.

Marián Mouriño asegura que a imaxe de Madonna coa elástica celeste “comezou a brillar doutro xeito co paso dos anos”, porque se entende mellor o que a cantante defendía entón: “cuestionar o establecido e facer fronte a quen pretende dicirche o que podes ou non podes facer”. “No club que presido, recoñecémonos nesa maneira de estar no mundo”, sinala a presidenta.

Por iso temos a ilusión de atopar esta peza. A procura non é un capricho, é un acto de memoria, é patrimonio emocional do noso club”, expón e anuncia que o vindeiro venres, no partido ante o Real Madrid en Balaídos, o Celta dedicaralle “un xesto de agarimo” co fin de formularlle unha pregunta: “Tela ti?”. “Se sabes onde pode estar ou queres axudarnos, por favor, contacta por mensaxe privada”, conclúe a carta Marián Mouriño.

ÚLTIMAS

O BNG de Vigo esixe o fin das incidencias “diarias” no tren tras o peche de Guixar

O BNG de Vigo esixiu a Renfe e a Adif que poñan fin "de...

Caballero estala contra a Xunta polos voos de Vigo: ve unha “burla” ofrecer promoción sen garantir rutas

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cualificou este venres como unha “burla” a proposta...

Ferida grave unha nena de 10 anos tras caer desde o balcón da súa vivenda en Vigo

Unha menor de 10 anos resultou ferida grave na noite deste pasado xoves tras...

Detido en Vigo tras agredir a varias persoas con tres coitelos e tentar acoitelar a un policía

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron un home de 46 anos, identificado como...