InicioDeportesVigo acolle a única etapa en España da Solitaire du Figaro 2025

Vigo acolle a única etapa en España da Solitaire du Figaro 2025

A ría viguesa será o escenario da regata oceánica entre o 18 e o 21 de setembro, reunindo a 35 participantes internacionais.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Vigo converterase no epicentro da vela internacional coa chegada da segunda etapa e a saída final da 56ª edición da Solitaire du Figaro Paprec, que reunirá a 35 participantes na cidade entre o 18 e o 21 de setembro. Trátase da única escala en España desta prestixiosa regata oceánica, que recala na ría viguesa 20 anos despois da Volvo Ocean Race.

Na presentación oficial, celebrada no Peirao de Transatlánticos, representantes da Autoridade Portuaria, a Deputación de Pontevedra, a Xunta de Galicia e a Fundación Traslatio destacaron o valor estratéxico deste evento para reforzar a vocación náutica de Vigo e consolidala como porto de referencia no Atlántico europeo. Subliñaron tamén que a competición será unha gran festa deportiva e cultural aberta a toda a cidadanía.

As institucións coincidieron en que a Solitaire du Figaro suporá un novo impulso turístico, económico e social para Vigo e para Galicia. A vicepresidenta da Deputación, Luisa Sánchez, evocou o recordo da Volvo Ocean Race, mentres que a delegada da Xunta, Ana Ortiz, cualificou a cita como unha “honra” que reforza o liderado galego no mundo da vela.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...