InicioDeportesO Celta comeza comezará "de maneira inmediata" as obras do seu complexo...

O Celta comeza comezará “de maneira inmediata” as obras do seu complexo de Mos, tras declararse de interese autonómico

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Consello da Xunta de Galicia aprobou este luns de maneira definitiva o Proxecto de Interese Autonómico (PIA) para o desenvolvemento da Cidade Deportiva Afouteza-GS360, cuxas obras comezarán “de maneira inmediata”, segundo informou o conxunto galego.

O equipo vigués apuntou que este trámite “supón a culminación” do proceso que iniciou hai dous anos “para revolucionar a industria do deporte galego e impulsar o crecemento do club, que con esta actuación logrará potenciar e fortalecer a súa canteira e situarse como un referente na formación académica e deportiva a nivel internacional”.

O futuro complexo deportivo contará con tres agrupacións de infraestruturas: a Cidade Deportiva Afouteza, o Centro Integral para a Capacitación da Industria do Deporte e a área de servizos. Durante estes dous anos, o RC Celta lembra que traballou de maneira intensa, en estreita colaboración e co apoio da administración autonómica “dada a importancia estratéxica do proxecto para Galicia”, co obxectivo de cumprir “de maneira exemplar” coas esixencias establecidas para recibir a catalogación de pé, con especial coidado na protección do medioambiente e dos mananciais e balsas de auga na súa contorna ou no seu ecosistema natural (bosque autóctono e augas), unha tarefa que propiciou un histórico acordo coa Mancomunidade de Montes de Tameiga.

O club galego insiste en que este proxecto “suporá un antes e un despois” na súa historia e na do “deporte galego” xa que esta Cidade Deportiva contempla a construción dun mini estadio para 4.000 espectadores, e cinco novos campos de adestramento para os equipos xuvenís e cadetes de RC Celta e As Celtas.

Ademais, contará cun Centro de Formación, onde se impartirán ciclos universitarios e de FP en materias relacionadas coa saúde e o deporte, unha residencia para os xogadores da canteira e de Academys e para estudantes, unha zona de restauración para dar servizo ao complexo e un hotel para visitantes, deportistas e participantes nos eventos de carácter académico, cultural e social que se organicen. A infraestrutura culminará con dúas zonas dedicadas a clínica deportiva e innovación no deporte.

Esta medida chega logo de que a Xunta declarara este proxecto como de interese autonómico. “O RC Celta quere agradecerlle á Xunta de Galicia o seu apoio e para poder desenvolver un proxecto que impulsará o deporte galego e o crecemento do club, que coa Cidade Deportiva Afouteza- GS360 afronta un ilusionante futuro con novas expectativas”, sentenciou

ÚLTIMAS

Piden catro anos de prisión para dous acusados de tráfico de drogas

A Fiscalía pide 4 anos de cárcere para dúas persoas acusadas de tráfico de...

Roubou un coche e levou a unha nai e os seus fillos: Fiscalía solicita penas severas en Vigo

A Fiscalía solicita 16 anos e 8 meses de prisión para un home acusado...

Derrube dunha bancada en Gondomar durante un partido provoca varios feridos

No operativo participaron os profesionais de Urxencias SaniVarias persoas resultaron feridas tras ceder un muro...

Varios feridos, entre eles un xogador, tras ceder un muro das gradas no campo de fútbol do Gondomar

Un partido de fútbol cadete entre o Gondomar CF e o Val Miñor rematou...