InicioDeportesAdxudicación da bancada de Gol de Balaídos ao grupo Copasa por 24,8...

Adxudicación da bancada de Gol de Balaídos ao grupo Copasa por 24,8 millóns de euros

Caballero pregunta á Federación de Fútbol que campo está mellor que o da cidade olívica para ser sede do mundial.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A xunta de goberno local de Vigo aprobou a adxudicación da bancada de Gol de Balaídos por 24,8 millóns de euros, que será financiada a partes iguais polo Concello e a Deputación de Pontevedra e estará finalizada en 2027. Nun audio difundido aos medios de comunicación, o alcalde, Abel Caballero, anunciou que a obra, que durará 29 meses, foi adxudicada ao grupo Copasa e consistirá na construción dunha bancada “xemelga” ao Marcador Centenario, para terminar así a reforma do estadio, iniciada hai case 10 anos.

O rexedor explicou que a nova bancada terá aforamento para uns 6.400 espectadores e estará situada a uns oito metros de distancia do terreo de xogo. Contará con seis escaleiras e oito ascensores que tamén darán servizo ao resto de bancadas. Ademais, a obra inclúe unha intervención na fachada de Tribuna (xa reformada) para crear un novo pórtico e así facilitar a mobilidade dos afeccionados fóra do campo.

Tras estas palabras, Caballero reivindicou que, en algo máis de dous anos, as obras estarán acabadas e o campo estará “perfectamente preparado”. “Gustaríame que a Federación Española de Fútbol dixese que campo está en mellor condición que o de Vigo neste momento para ser sede do mundial, porque o campo xa está feito, xa está contratado”, volveu a insistir o alcalde. A pesar disto, dixo que a bancada está feita para os afeccionados do Celta e para o goce do fútbol.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...