InicioDeportesA triatleta Susana Rodríguez,  Premio Reina Letizia do Deporte

A triatleta Susana Rodríguez,  Premio Reina Letizia do Deporte

PUBLICADO O

- Advertisement -

A triatleta paralímpica viguesa Susana Rodríguez Gacio recolleu onte o Premio Reina Letizia, dentro dos Premios Nacionais do Deporte, no Palacio Real do Pardo.

Susana, que ademais de triatleta é médica de familia, convertíase así na primeira deportista con discapacidade en conseguir este galardón, que a recoñece como a mellor deportista muller do ano 2023.

Logrou este galardón tras conquistar a medalla de ouro nos Xogos Paralímpicos de Tokio en 2021. Tamén logrou revalidar os seus títulos de campioa do Mundo e de Europa no 2022, ademais de gañar varias probas da Copa do Mundo e das Series Mundiais de tríatlon paralímpico.

ÚLTIMAS

A Comisión de festas de Matamá pide abordar con outras organizacións “ata onde” chega a responsabilidade ante accidentes

A Comisión de festas da parroquia viguesa de Matamá respira máis tranquila tras o...

O BNG chama a concentrar en Vigo o voto do “cambio” para deixar atrás a etapa de Abel Caballero

O portavoz do BNG no Concello de Vigo e candidato á Alcaldía, Xabier Pérez...

Buscan a unha muller de 44 anos de idade desaparecida en Vigo desde este domingo

SOS Desaparecidos activou unha alerta pola desaparición en Vigo dunha muller, de 44 anos...

Rueda reúnese cos responsables de Conxemar para impulsar o sector da pesca transformada en Galicia

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, celebrou esta semana un encontro na...