InicioDeportesA Deputación volve pedir a Vigo o proxecto de reforma da bancada...

A Deputación volve pedir a Vigo o proxecto de reforma da bancada de Gol de Balaídos

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luís López, asegurou que a súa institución só recibiu un resumo orzamentario "dun folio de extensión".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luís López, volveu a dirixirse ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, para reiterarlle o seu “compromiso inequívoco” co cofinanciamento da reforma da bancada de Gol no estadio municipal de Balaídos, e para solicitarlle novamente que remita á institución provincial o proxecto da obra, tras recibir unicamente un resumo orzamentario “dun folio de extensión”.

López expresou a súa coincidencia co rexedor vigués, sobre a necesidade de que a remodelación se leve a cabo canto antes, pero puntualizou que, mentres o goberno local solicita “con urxencia” fondos á Deputación para acometer esa reforma, segue sen remitir o proxecto á institución provincial.

Así, lembrou que “o único documento” que chegou á Deputación foi un resumo orzamentario “dun só folio de extención”, polo que Luís López respondeu a Abel Caballero que, ante unha actuación de tal envergadura, a Deputación necesita coñecer “con todo detalle” o proxecto, “para poder analizalo e avaliar co debido rigor o seu encaixe nos orzamentos provinciais de 2024”.

Por todo iso, Luís López conclúe a misiva dirixida a Caballero sinalando que queda “á espera” de recibir esa información e mostrouse disposto, unha vez estudado o proxecto, a fixar un encontro co alcalde de Vigo para concretar “os termos de colaboración nesta e noutras iniciativas”.

ÚLTIMAS

Dúas persoas trasladadas ao hospital tras un incendio nunha vivenda en Samil

Dúas persoas tiveron que ser evacuadas este luns a un centro hospitalario por inhalación...

O BNG denuncia “opacidade” no custo do desfile das Forzas Armadas e o peche das Travesas

O BNG de Vigo denuncia a "opacidade" do goberno local de Abel Caballero sobre...

Vigo recibe este martes a súa primeira tripla escala de cruceiros con máis de 7.500 turistas

O Porto de Vigo acollerá este martes, día 22 de abril, a súa primeira...

A Xunta e Vicus Gallaecia analizan os retos da mobilidade e urxen un calendario para o AVE Vigo-Porto

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou este luns nun encontro...