Home Cultura Sabes cal é a diferencia entre villancico e panxoliña?

Sabes cal é a diferencia entre villancico e panxoliña?

0
Sabes cal é a diferencia entre villancico e panxoliña?

O nome panxoliña procede das dúas primeiras palabras do himno Pange lingua gloriosi corporis mysterium escrito por Santo Tomás de Aquino no século XIII, aínda que a primeira panxoliña da que se ten constancia é do século XV e fai referencia a como se organizaban os veciños para cantarlle ao neno Xesús e na epifanía dos Reis Magos.

A panxoliña, orixinalmente, non ten que ver cos villancicos, aínda que os dous foron e seguen sendo pezas tradicionais do Nadal galego. Segundo Carlos Villanueva Abelairas, profesor da Universidade de Santiago de Compostela, os villancicos son pezas en lingua vulgar que se cantan nas igrexas, con textos populares ou poemas de autor, e que se usan na liturxia das festas principais en xeral. As panxoliñas, pola contra, son cancións populares cantadas polo pobo en grupo ou individualmente ante o Belén ou na festa do Nadal.

Os villancicos comezaron a popularizarse no século XVIII, logo de seren introducidos na catedral de Mondoñedo. No Nadal de 1794 neste espazo relixioso estreouse un villancico de personaxes no que un pastor cantaba ao belén. Aínda que non foi ata o final do século XVIII cando se popularizaron os villancicos en Galicia, no resto do Estado español a tendencia na liturxia era precisamente a contraria, a desaparecer porque levaba dous séculos de esplendor.

Máis curiosidades sobre o nadal en Galicia en Historiadegalcia.gal

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here