InicioEconomíaAbel Caballero paga 2,9 millóns á Zona Franca por unha parcela da...

Abel Caballero paga 2,9 millóns á Zona Franca por unha parcela da ETEA e pide á Xunta que os abone

PUBLICADO O

- Advertisement -

A xunta de goberno do Concello de Vigo aprobou a autorización do pago dunha parcela da antiga Escola de Transmisións e Electricidade da Armada (ETEA) ao Consorcio da Zona Franca por un importe de 2,9 millóns de euros.

Tal como indicou en rolda de prensa o alcalde, Abel Caballero, este chan consta de viarios de conexión dentro da ETEA, polo que lamentou que a Xunta “incumpra” as súas obrigas e esixiulle o pago desa cantidade para a súa utilización.

“Ímolo a reclamar nos tribunais”, subliñou, tras engadir que tamén haberá un aluguer “simbólico” por outra parcela para que os cidadáns poidan seguir utilizándoa no ámbito deportivo.

ÚLTIMAS

Empregados de Vitrasa denuncian a “imposibilidade” de cumprir os “obsoletos” horarios que xeran “atrasos” en buses, especialmente durante o Nadal

O comité de empresa de Vitrasa, a concesionaria do transporte urbano de Vigo, denunciou...

Abel Caballero di que Vigo “arrastrará” a Xunta e deputación para que a cidade “sexa mundialista”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, afirmou este luns que Vigo será mundialista porque...

Carmela Silva (PSdeG) critica ao PP porque “nunca confiou nin axudou” a Vigo

A candidata do PSdeG ao Senado pola provincia de Pontevedra e primeira tenente de...

José Couñago encabezará a candidatura socialista á Alcaldía de Mos nas eleccións locais de 2027

José Couñago encabezará a candidatura do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Mos nas próximas eleccións...