InicioCulturaVigo convírtese nun gran plató con Abel Caballero como protagonista

Vigo convírtese nun gran plató con Abel Caballero como protagonista

A nova película de Amazon Prime Video 'Reyes contra Santa' toma como referencia ao alcalde galego

PUBLICADO O

Abel Caballero estase a convertir en toda unha personaxe a nivel mediático, e non só en Galicia, senón a nivel nacional. Sabemos que xa de por si se afana en ser protagonista, pero e que a día de hoxe hai ficcións que aínda resaltan máis esa faceta súa.

De teloneiro en todos e cada un dos concertos habidos e por haber na cidade de Vigo a bailarín, cantante e todo o que lle boten, ninguen pode negar que Caballero é un dos alcaldes máis coñecidos de España.

Para mostra, a nova película de Nadal estreada en Amazon Prime Video: ‘Reyes contra Santa‘, que narra unha loita histórica traída ao presente entre os Reis Magos e Papá Noel por ver quen se convirte en verdadeiro dono do Nadal e de todos os seres máxicos que o habitan durante estas datas. 

Máis aló do argumento do filme, bastante orixinal por certo, o que resulta máis curioso é que cando se expón o comezo do Nadal de forma gráfica, tómase como referencia o aceso das luces de Vigo, cunha escea na que un actor que claramente imita a Abel Caballero sae dicindo que se hai vida noutros planetas seguramente tamén vexan o Nadal vigués con expectación.

Cabe dicir que esta ficción, dirixida por Paco Caballero, é unha produción española, que toma como escearios principais de gravación as rúas de Madrid. De aí que resulte tan sorprendente que para ilustrar ese arranque do Nadal se elixa a Vigo como referencia.

Fose ou non a intención do cineasta, o certo é que a ninguén lle queda dúbida despois de ver a película de que o rexedor elixido é o vigués.

E, curiosamente, cando na película sae o espírito maligno que se quere roubar o Nadal, coñecido co nome de Krampus, a persoa que elixe para volverse humano é tamén Abel Caballero, ao que convirte nun ser que quere rachar con todas as tradicións e que non soporta que haxa alegría. 

Ao final, unha das estratexias que usan os Reis e Papa Noel para tratar de que ese espírito se separe do corpo ao que posúe é recordarlle ao alcalde o moito que sempre lle gustou o Nadal.

‘UN HOMBRE DE ACCIÓN’

E se Abel Caballero é protagonista, Vigo como cidade non o é menos. Hai xa anos que a urbe olívica se ten convertido nun verdadeiro plató de rodaxe. Non é raro pasear polas rúas e atoparse con actores nacionalmente coñecidos ou con cámaras que cortan o paso mentres filman. O pan de cada día, podería dicirse.

Sen ir más lonxe, Netflix tamén estreou fai apenas un mes outro filme, titulado ‘Un hombre de acción’, protagonizado por Juanjo Ballesta, que se filmou case íntegramente en Vigo (simulando que é Francia). Actualmente atópase no ‘top 10’ de películas máis vistas da plataforma, todo un éxito.

A produción conta a vida de Lucio Urtubia, un ladrón de bancos denominado o ‘Robin Hood’ anarquista. E o seu produtor, Javier Ruiz Caldera, escolleu o Casco Vello de Vigo con ambientación nos anos 50 ou 60 para narrar a historia. Praza de Compostela, García Barbón e outras moitas rúas imitan a París.

Persecucións, disparos, loitas e enfrontamentos por estas rúas non deixan indiferente a ninguén. Ademais, como banco francés asaltado elixiuse a Casa da Cultura Galega.

‘UN ASUNTO PRIVADO’

Non é de extrañar que os directores elixan unha e outra vez Vigo como lugar de rodaxe. A serie ‘Un asunto privado‘ ilustra moi ben a grandiosidade e a variedade de oportunidades que ofrece a cidade. 

Tamén entre as ficcións máis vistas da plataforma Amazon Prime Video, este serial realiza unha especie de guía da urbe galega e tamén pasa polos concellos de Mondariz, Baiona, Tui, Vilaboa, Poio ou Pontevedra. Con Aura Garrido como protagonista, a produtora viguesa Bambú Producciones foi a elixida para levar a cabo a rodaxe.

A través de case dúas horas un pode viaxar á Galicia da década dos 40, con elementos de todo tipo: dende vehículos clásicos ata vestiario da primeira metade do século XX.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...