InicioCulturaA Guarda homenaxea con éxito a súa tradición: redeiras, festas, alfombras florais...

A Guarda homenaxea con éxito a súa tradición: redeiras, festas, alfombras florais…

A exposición "Así somos" e os seus obradoiros chamaron a máis de 1.500 visitantes.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O pasado domingo día 26 de agosto finalizou a Exposición fotográfica «Así Somos», que
dende o 20 de xullo se atopaba na Sala de Exposicións da Casa dos Alonsos da Guarda,
rexistrando unha gran acollida de público, con máis de 1500 persoas que se achegaron a visualizar esta mostra cun total de sesenta fotografías sacadas entre os anos 2014 e 2018, e onde aparece reflectido o día a día dos veciños da vila.

As obras son da autoría do fotógrafo Francés afincado na Guarda Marius Kraja, mentres que a organización e produción da mostra correu a cargo do departamento de cultura do concello da Guarda.

A mostra fixo un repaso polos diferente oficios da vila, con especial atención ós
relacionados co mundo do mar, pero tamén os momentos de ocio, as festas e tradicións,
estampas de vida cotiá que conformaron o espírito desta proposta. A maiores, unha proxección recolleu máis de 200 fotografías onde o autor enfoca a vila mariñeira da Guarda dende o seu singular obxectivo.

Como novidade organizáronse dous obradoiros como actividades paralelas da exposición: O primeiro sobre o oficio das redeiras, a cargo da Asociación de Redeiras do Baixo Miño “ Atalaia”, onde explicaron aos presentes como é o seu traballo, que utensilios empregan e cales son os diferentes tipos de redes que se poden facer, segundo o arte de pesca.

Así Somos/ A Guarda

O segundo obradoiro versou sobre as alfombras florais, a cargo da recentemente formada Asociación Cultural de Alfombras da Guarda. O Obradoiro «Alfombras», de carácter aberto e para todos os públicos, tivo unha gran aceptación, e os participantes recibiron explicacións sobre o traballo da confección das alfombras florais na Guarda.

Desde a recollida previa de flores e follas ata os deseños que ano a ano se realizan para esta ocasión e que atraen a numerosos visitantes á vila guardesa. Tamén os máis pequenos puideron participar, confeccionando varias alfombras florais que
quedarán expostas durante algúns días neste espazo.

Así Somos/ A Guarda

ÚLTIMAS

O impacto do exfuracán Kirk: ventos de case 150km, tellados e árbores caídas e inundacións

O exfuracán Kirk, xa convertido en borrasca, deixa en Galicia nas primeiras horas deste...

Air Europa cancela os seus voos entre Vigo e Madrid pola borrasca

09/10/2024    10:40H A conpañía aérea anunciou na súa páxina web que quedan cancelados os voos...

Condena de 18 anos de prisión por abusar da filla menor dun amigo

A sección primeira da Audiencia Provincial da Coruña condenou a 18 anos e nove...

Un home detido en Vigo por agredir á súa filla e insultar e ameazar á súa muller

Un home, J.C.B.P. de 77 anos de idade, foi detido na tarde deste pasado...