InicioTui reforza lazos con Portugal no festival FIAR

Tui reforza lazos con Portugal no festival FIAR

As xornadas serviron de punto de encontro coa cultura ao outro lado da 'Raia'.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Galicia e Portugal volveron tecer lazos na Raia coas xornadas do FIAR, o Festival Internacional de Artes de Rúa da Eurocidade Tui-Valença, que se celebrou o venres 22, o sábado 23 e o domingo 24 de xullo. Foron tres intensas xornadas nas que, de acordo coa organización, as rúas e prazas de Valença e Tui se encheron de música, humor, danza, maxia… e dos aplausos do público.

De aí que as mesmas fontes apunten á “consolidación” do encontro a raíz da acollida por parte do público e a calidade dos espectáculos programados. Dende a tarde do venres, cando tiveron lugar os primeiros espectáculos, ata a última hora do domingo, o Jardim das Amoreiras e a praça da República na Fortaleza, e o Jardim Municipal de Valença, xunto ao Paseo da Corredoira e a praza de San Fernando en Tui, convertéronse no escenario de 24 espectáculos de artistas de distintos países que se deron cita no FIAR 2022, dende o humor aos obradoiros, pasando pola música, o teatro, e máis.

A música de Galiró e do Trío Detrés percorreu as rúas da Eurocidade onde os temas musicais se mesturaron co humor. The Buckets coa súa orixinal percusión encheu de ritmo a tarde do sábado, mentres que Kumpania Algazarra, o sábado, e os grupos Fóra da Pauta e Old Brige, o domingo, animaron a noite no Jardim Municipal.  O Jardim das Amoreiras acolleu na tarde do venres a presentación das marionetas xigantes de peixes confeccionadas polos asistentes ao obradoiro que Mandrágora ofreceu ao longo da semana en Valença. Pola súa banda, Troula Animación percorreu con humor e maxia as rúas de Tui co seu particular dentista.

A organización incide que, neste contexto, e tras o éxito deste ano, na Eurocidade Tui-Valença “proseguen o seu traballo conxunto para comezar a trazar xa as primeiras liñas dun festival que ten convertido ás dúas cidades na capital das artes de rúa. O obxectivo é seguir apostando polo seu crecemento tanto en público coma en número e calidade dos espectáculos. Agora o obxectivo é que esta proposta para o público poida seguir mellorando ano a ano tanto nos espazos onde se celebra coma nos horarios e tipos de espectáculos”.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...