InicioCulturaLiteratura e artesanía para celebrar as Letras Galegas en Tui

Literatura e artesanía para celebrar as Letras Galegas en Tui

Este sábado comeza a XXIV Feira de Artesanía e o martes celébrase a XXIII Feira do Libro Galego.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Literatura e artesanía tomarán nesta ponte festiva as rúas e prazas de Tui con dobre celebración. Dende este sábado e ata o martes a rúa Ordóñez, e as prazas do Concello e San Fernando acollerán a XXIV Feira de Artesanía, e o martes no Paseo da Corredoira celebrarase a XXIII Feira do Libro Galego. Ambos eventos foron presentados este martes na casa do Concello.

“Con esta programación o concello de Tui reflicte, unha vez máis, o seu compromiso coa dinamización de sectores importantes para o noso ámbito económico e cultural”, expuxo o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro. Ademais, sobre a Feira de Artesanía, Cabaleiro anunciou que duplica a súa presenza, de dous a catro días. Unha trintena de persoas artesáns de toda Galicia participarán durante eses catro días na iniciativa, que se realiza en colaboración coa Asociación de Artesáns de Galicia.

Así, nos diferentes postos poderase atopar xoiería, carpintería, marroquinería, ourivaría, cestería, encaixe, instrumentos musicais, xoguetes, complementos de moda… A artesanía local estará presente nos postos de catro persoas artesáns de Tui, ás que se sumarán a Asociación de Palilleiras do Baixo Miño. Ademais, ofertaranse un total de sete obradoiros para o público e demostracións de oficio.

XXIII FEIRA DO LIBRO GALEGO

Así mesmo, o martes, 17 de maio, Día das Letras Galegas, celebrarase unha nova edición da Feira do Libro Galego coa participación das librarías locais Iris e Espazo Lector Nobel. Nos andeis dos seus postos estarán presentes os libros do homenaxeado deste ano, Florencio Delgado Gurriarán, xunto a grandes clásicos das nosas letras e novos e novas autoras. 

A escritora Sonia Mirón, autora de “Si tu quieres” ou “Mi corazón en una caja de Zapatos” será a encargada de dar lectura ao pregón da feira o martes ás 11.30 h. Ás 12.30 h a actriz, narradora e directora teatral Bea Campos achegará ao público o contacontos “Os tres porquiños”. Xunto a Manuel Campos presentará este espectáculo no que se mestura teatro, xogos tradicionais e música en directo.

Pola tarde, ás 18.30 h, será a quenda de Magín Blanco co seu espectáculo “Caderno de cores e cancións”, e por último, ás 21 h, a Banda de Música Popular de Tui, a Banda de Gaitas Lembranzas da Terra de Guillarei e o Grupo de Baile Lembranzas da Terra ofreceran un concerto especial e inédito no que participarán un centenar de persoas destas agrupacións, que se unen por primeira vez nun proxecto. 

ÚLTIMAS

Volven prender lume en Chandebrito oito anos despois da traxedia na que morreron dúas persoas

Un lume forestal que comezou onte á noite en Chandebrito (Nigrán) queimou 0,73 hectáreas...

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...