InicioCulturaPonte... nas Ondas! fai 27 anos tecendo redes entre Galicia e Portugal

Ponte… nas Ondas! fai 27 anos tecendo redes entre Galicia e Portugal

A candidatura de Ponte...Nas Ondas! a Patrimonio Cultural Inmaterial (PCI) abordarase no mes de decembro na UNESCO.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Ponte…Nas Ondas! está de aniversario. Esta iniciativa, pola que se realizan actividades educativas e culturais en Galicia e Portugal, conmemora este martes o seu 27 aniversario. Fiel ao seu obxectivo de recuperar e difundir o patrimonio cultural común á poboación galega e portuguesa, Ponte… Nas Ondas! celebra os seus 27 anos mentres agarda a resolución da súa candidatura ao Rexistro de Boas Prácticas de Salvagarda, na categoría de Patrimonio Cultural Inmaterial (PCI), que se abordará no mes de decembro na UNESCO.

A difusión do patrimonio inmaterial galego-portugués é unha das liñas clave do traballo de Ponte…nas ondas!, que busca favorecer a súa posta en valor e transmisión ás novas xeracións. Dende o ano 2016, a UNESCO acreditou Ponte…Nas Ondas! como ONG consultora para o PCI, única entidade acreditada en Galicia e unha das 12 na península ibérica.

Máis adiante, no 2021, o Ministerio de Educación e Cultura do Goberno de España, a Xunta de Galicia e a Comissão Nacional da UNESCO presentaron o modelo Ponte…Nas Ondas! na
UNESCO para dar a conecer unha “experiencia única creada e desenada no territorio da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal”. “Un fito fundamental na traxectoria da asociación que agora cumpre 27 anos de historia e que contribúe a sensibilizar o traballo desenvolvido pola comunidade educativa e o ámbito cultura galego-portugués co patrimonio común”, explica a sociación nun comunicado.

UNHA PONTE QUE SE INICIOU NO ANO 1995

Desde as ondas da Frecuencia Modulada daquel afastado ano 1995 aos actuais podcasts que se moven polas redes sociais, Ponte…Nas Ondas! ten achegado a maxia da radio e o universo do patrimonio inmaterial a moita mocidade de Galicia e Portugal. Aquelas chamadas telefónicas desde as escolas aos estudios de radio desde onde se desenvolvía a anual xornada radiofónica interescolar vivíanse con emoción desde os centros educativos que seguían a programación os transistores.

No ano 1997, lembran dende a iniciativa, fíxose a primeira emisión por Internet, da man dun innovador profesor que poñía en streaming o sinal da xornada da radiofónica. A partir 1998, foi a companía Telefónica quen se encargaba do directo de audio e vídeo, a primeira emisión audiovisual dunha experencia educativa non profesional. Tamén se
realizaron videoconferencias con Brasil e con Mozambique, entre outros países.

Cada 13 de febreiro, Día Mundial da Radio, desde o portal Escola nas ondas divúlganse os traballos audiovisuais das escolas galegas e portuguesas. E ademais, a actividade de Ponte…Nas Ondas! continúa con outras iniciativas no ámbito educativo e cultural, como o certame “As imaxes do patrimonio” dirixido aos centros educativos e ás familias. Doutra banda, Meniños Cantores 2 é a última iniciativa da asociación, un libro-usb no que participaron escolas ao longo da fronteira galego-portuguesa e que contou coa participación de escritores e artistas de Galicia e Portugal.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...