InicioCulturaO Teatro Municipal de Tui acolle este venres a estrea de “As...

O Teatro Municipal de Tui acolle este venres a estrea de “As que limpan”

A Panadaría aborda nesta obra a loita das camareiras de piso e o turismo de masas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

‘As que limpan’, unha obra de ‘A Panadaría’ que aborda a loita das camareiras de piso e o turismo de masas, chega a Tui. Farao o vindeiro venres 11 de febreiro, ás 21 horas no Teatro Municipal. Pero hoxe mesmo ‘A Panadaría’ iniciou a súa residencia artística en Tui, pois ficarán até o día da estrea. Así, o equipo (formado integramente por mulleres) rematará de pulir aspectos artísticos e de pechar outros técnicos coma o deseño da iluminación.

Esta mañá tivo lugar a presentación da obra por parte das tres actrices, directoras e autoras da obra Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman, xunto ao alcalde, Enrique Cabaleiro e a concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente. Alí, informaron de que entradas para a representación en Tui poranse á venda mañá martes, 1 de febreiro, ás 21 h en www.tui.gal aos prezos de 10€ e 8€.

A xira de ‘As que limpan’ continuará por Redondela, Vilagarcía de Arousa, Vigo, As Pontes, Viveiro, Foz, Ames, Oleiros, Santiago de Compostela, Gondomar, Monforte de Lemos, A Coruña, Lugo, Mos e Cedeira. Amais o 2 e 3 de abril estrarán a obra en castelán no Teatre El Musical en Valencia, e do 20 de abril ao 15 de maio estarán no Teatro María Guerrero en Madrid.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...