InicioCartel do SonRías Baixas: Kase.O, Sés ou La M.O.D.A do 3 ao...

Cartel do SonRías Baixas: Kase.O, Sés ou La M.O.D.A do 3 ao 8 de agosto

As entradas oscilan entre os 23 e os 29 euros.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O municipio pontevedrés de Bueu acollerá entre o 3 e o 8 de agosto unha edición especial do festival Sorrías Baixas, que contará cun cartel formado por Kase.O, Sés, La Pegatina, La M.O.D.A., Travis Birds, Muerdo, TéCanela, Sabela, ISEO & DodoSound, Ciudad Jara, Tu Otra Bonita e SonDaRúa. A programación que este ano expón a promotora PlayPlan, adaptada á situación de pandemia, transforma o festival nun ciclo de concertos que dobra a duración tradicional da cita, pasando de tres a seis noites de música en directo.

Deste xeito, Sorrías Baixas “dobrará a súa aposta pola celebración de eventos en vivo e ampliará a duración da programación” do festival, explican os seus responsables, unha opción que permite programar dúas actuacións ao día e “ofrecer unha experiencia festivalera que garanta a seguridade de público e artistas no contexto sociosanitario actual”.

Os concertos do ciclo Sorrías Baixas 2021 terán lugar en horario nocturno. A xornada inaugural, o martes 3 de agosto, contará coa música de Sés, que regresará aos escenarios galegos para presentar o seu último disco, ‘Liberar as arterias’. Previamente, o dúo TéCanela avanzará algúns temas do seu próximo traballo discográfico.

Xa de cara á fin de semana, o ciclo arrincará o venres 6 coa actuación de Sabela e La M.O.D.A., mentres que o día 7 o protagonista será o rap, con Kase.O e o seu disco Jazz Magnetism. A noite completarase co Eterno Combate do grupo de rap galego SonDaRúa, que tamén se estrea no cartel do Sorrías Baixas. O peche desta edición terá lugar o domingo 8 de agosto da man de dúas bandas que xa pasaron por Bueu en anteriores edicións do Sorrías Baixas: Muerda e La Pegatina.

VENDA DE ENTRADAS

As entradas sairán á venda o vindeiro luns 24, ás 10.00 horas, e os tickets unicamente poderanse adquirir a través da web oficial do festival, www.sonriasbaixas.info, e da plataforma dixital www.enterticket.es.

O equipo do Sorrías establecerá, nesta ocasión, tres tramos diferenciados de prezos en función da disposición dos asentos preasignados no recinto, e cada un destes tramos corresponderase, fisicamente, cun espazo organizado co seu respectivo equipamento e protocolo de seguridade de prevención da covid-19. O prezo das entradas será de 23 euros, 26 euros e 29 euros, segundo a relación de proximidade co escenario.

ÚLTIMAS

Unha investigación iniciada en Vigo destapa unha rede que enganaba migrantes con falsas ofertas de emprego

Unha investigación da Policía Nacional iniciada en Vigo permitiu desmantelar unha rede dedicada a...

O Concello reforza servizos para facilitar a regularización

O Concello de Vigo reforzou o servizo de atención ao público para "atender ao...

O Concello activará un dispositivo permanente para situacións de violencia de xénero

O Concello de Vigo activará o 1 de maio un novo dispositivo de acollemento...

Dous furtivos reinciden dúas noites seguidas mariscando ilegalmente en Teis

Axentes da Policía Local de Vigo identificaron a dous mariscadores furtivos que estaban a...