InicioCulturaUn proxecto internacional liderado pola UVigo estudará a literatura de fronteiras do...

Un proxecto internacional liderado pola UVigo estudará a literatura de fronteiras do século XXI

Participan investigadores da Facultade de Filoloxía e Tradución viguesa, así como expertos das universidades de Bangor, Hong Kong, Varsovia, A Coruña e La Laguna.

PUBLICADO O

Un proxecto “interdisciplinario, multicultural e transnacional” da Universidade de Vigo (UVigo) analizará durante os próximos dous anos a literatura de fronteiras do século XXI —literatura de autores que experimentaron a emigración– desde dous aspectos fundamentais: as zonas de conflito e as zonas de confort.

Segundo informou a universidade viguesa, neste proxecto, que se recolle baixo o título ‘Narrativas das novas diásporas’, participan investigadores da Facultade de Filoloxía e Tradución da UVigo, así como expertos das universidades de Bangor, Hong Kong, Varsovia, A Coruña e La Laguna.

A docente e investigadora do grupo Elicin da UVigo María Alonso, que lidera este proxecto, destacou que “os movementos diaspóricos están a afectar as fronteiras literarias”. Neste marco, indicou que “a innovación” que propón este estudo “reside no cambio de paradigma conceptual e teórico ao centrarse na dicotomía entre zona de confort e conflito”.

“A experiencia migrante varía enormemente se se dá en zonas de confort ou en zonas de conflito” e elementos que parecen comúns “trátanse de forma diferente” segundo se dea nunha situación ou a outra, explicou. Por iso, este proxecto busca “abordar estas diferenzas desde o ámbito da literatura comparada”.

Como exemplo do anterior, apuntou que “non é o mesmo ser unha emigrante galega de nova xeración no Reino Unido pre-Brexit que post-Brexit, da mesma forma que non é o mesmo ser unha emigrante mexicana en Estados Unidos que ser unha emigrante mexicana con orixe galega retornada ao país dos teus pais“.

No relativo ás zonas de confort, o traballo centrarase na intra-migración en zonas de confort, a inmigración legal e a literatura de retorno, emigrantes de primeira ou segunda xeración e exofonía e tradución. Acerca das zonas de conflito, o traballo desenvolverase sobre literatura de fronteiras en conflito, literatura de refuxiados e re-emigración, narrativas do Brexit e literatura sobre a ‘Fortaleza Europea’.

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...