InicioCulturaCs propón que Vigo volva ser un referente "como foi durante a...

Cs propón que Vigo volva ser un referente “como foi durante a Movida”

Pide crear en Vigo un festival de series de televisión e novas plataformas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O coordinador de Cs en Vigo, Miguel Blanco, instou ao Concello de Vigo a impulsar a creación dun festival de premios ás producións e actores de series de televisión e novas plataformas como Netflix, HBO ou Movistar.

Nun comunicado remitido aos medios, Branco considera que a cidade olívica “perdeu nas últimas décadas gran parte do contido e actividade cultural que posuía” e conta, na actualidade, cun tecido cultural e artístico “totalmente desabastecido e orfo de iniciativas por parte do goberno local”.

“Vigo converteuse nun auténtico páramo cultural, fóra dalgunhas iniciativas privadas. É necesario reverter esta situación para que volva ser un referente cultural como o foi durante a Movida“, apunta o coordinador local de Cidadáns.

Ante esta cuestión e despois de que o presidente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) e alcalde de Vigo, Abel Caballero, pedise que as administracións locais xestionen os fondos de recuperación en materia de cultura e deporte, Miguel Branco propuxo chegar a un acordo entre a Xunta, a deputación e o Ministerio de Cultura para realizar unha importante aposta polo Vigo cultural.

“As series e as súas plataformas de visualización están a substituír en demanda e investimento ás producións cinematográficas. Vigo debe aproveitar este cambio de demanda para acompañar ás produtoras galegas no seu crecemento e para recuperar o que foi na dimensión cultural, os cambios de tendencia xeran oportunidades e debemos de aproveitala”, destaca.

Neste sentido, propón celebrar o “Festival de Series Ría de Vigo” na segunda quincena de xuño. “A marca Vigo debe elevarse á dimensión cultural e ser un referente nacional para que sirva de polo de atracción e xerador de novos proxectos culturais”, considera.

ÚLTIMAS

Flor Baena reclama ao Concello de Vigo unha homenaxe oficial ao seu irmán Xosé Humberto

Flor Baena, irmá do vigués Xosé Humberto Baena Alonso, reclamou ao Concello de Vigo...

A viguesa Vanessa Glemsel compite este sábado polo Premio Nacional de Poesía Viva

A poeta viguesa Vanessa Ferreira Rodríguez, coñecida artisticamente como Vanessa Glemsel, participará este sábado na...

As familias do EEI Vila Laura saen á rúa para esixir á Xunta unha profesora de apoio

Nais e pais, docentes e alumnos do EEI Vila Laura de Vigo saíron este...

A Fiscalía pide ano e medio de prisión para un home acusado de acosar con insultos homófobos a un traballador en Vigo

Un home de 39 anos enfróntase a unha petición fiscal de ano e medio...