InicioCulturaA Xunta abre unha nova fronte contra Caballero e promete 200.000 euros...

A Xunta abre unha nova fronte contra Caballero e promete 200.000 euros ao Marisquiño se reconsidera a súa marcha

Pide "rectificar" a Concello e Deputación.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta de Galicia confirmou este luns, tras reunirse coa organización do festival O Marisquiño, que está disposta a incrementar a súa achega ao festival, pasando de 120.000 a 200.000 euros, no caso de que reconsidere a súa decisión de suspender a edición deste ano e marcharse de Vigo, e instou a Concello e Deputación de Pontevedra a que “rectifiquen” a súa decisión de reducir as súas achegas nun 70 %.

Así o comunicou, en declaracións aos medios, a delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, que defendeu que “o compromiso do goberno galego sempre foi o de manter e mesmo incrementar o seu apoio ao Marisquiño”, e por iso ofreceu unha subvención superior nun 80 % á do ano pasado e un 65 % máis elevada que a de 2019.

Así as cousas, Fernández-Tapia expresou a súa confianza en que a organización do festival reconsidere a súa decisión de marcharse da cidade, e pediu ao Concello e á Deputación que “rectifiquen” a súa decisión de recortar as súas axudas nun 70 %.

É un empeño persoal do Executivo autonómico salvagardar o que é un dos eventos de deporte urbano de maior repercusión tanto a nivel deportivo como de retorno económico para Vigo, polo que esperamos que os organizadores reconsideren a súa marcha”, proclamou.

ÚLTIMAS

O impacto do exfuracán Kirk: ventos de case 150km, tellados e árbores caídas e inundacións

O exfuracán Kirk, xa convertido en borrasca, deixa en Galicia nas primeiras horas deste...

O encargado dunha empresa de Vialia acusado de acoso laboral nega os feitos e alega que o traballador “non cumpría”

O encargado dunha empresa de mantemento que presta servizo no centro comercial Vialia de...

Air Europa cancela os seus voos entre Vigo e Madrid pola borrasca

09/10/2024    10:40H A conpañía aérea anunciou na súa páxina web que quedan cancelados os voos...

O acusado de abusar de dúas menores nega os feitos e as psicólogas ven crible o relato das nenas

Un home acusado de dous delitos continuados de abuso sexual sobre menores de 16...