InicioCulturaO Festival de Curtas de Bueu non se esqueceu da música: actuarán...

O Festival de Curtas de Bueu non se esqueceu da música: actuarán Xoel López, De Vacas…

PUBLICADO O

- Advertisement -

O cinema en formato curto é o principal protagonista do FICBUEU pero a música en directo vai gañando cada vez máis peso nun variado programa pensado para todos os públicos. Nesta undécima edición do Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu, que se desenvolverá do 7 ao 15 de setembro, os concertos estarán encabezados por recoñecidos artistas do panorama galego e estatal, como son Xoel López, De Vacas e Paco Nogueiras, se ben haberá actuacións en directo tamén noutros momentos do certame.

Todos os concertos contarán con entrada de balde agás o de Xoel López. “Trátase dunha
oportunidade única para gozar da súa música nun formato íntimo, pois pouco máis de 200
persoas terán acceso ao auditorio do Centro Social do Mar para escoitalo o venres 7 de
setembro, ás 22.30 horas”, subliñan os organizadores.

as entradas para o concerto de xoel lópez, a 20 euros, o resto, de balde

O coruñés, que veu movéndose entre o pop-rock alternativo e o folk clásico, está considerado “un dos artistas máis representativos e influíntes da nova canción española”, e baixo o seudónimo de Deluxe “iniciou unha exitosa carreira que, xa co seu nome, lle
merecería galardóns coma o premio ao mellor músico independente. Agora preséntanos
‘Sueños y pan’, un disco no que, tras máis de dúas décadas de traxectoria, busca o equilibrio entre a liberdade e a estabilidade”.

As entradas para o concerto teñen un custo de 20 euros e xa están dispoñibles. De Vacas actuará no FICBUEU o sábado 8 de setembro, ás 13 horas, nos exteriores do Centro
Social do Mar.

Este cuarteto musical formado por unha guitarra e tres voces versiona coñecidos hits, desde as Spice Girls ata ao Gagnam Style, pasando por Enrique Iglesias ou o “Despacito” de Luis Fonsi, cuxa particular versión en galego, “Amodiño”, xa é viral en internet, con medio millón de reproducións. De Vacas, Premio Martín Códax da Música, combina nesta xira os seus clásicos con novo repertorio, así que non faltarán as sorpresas.

Devacas/ FICB

A música pensada para os máis pequenos tamén estará presente no Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu da man de Paco Nogueiras e o seu espectáculo Radio BuleBule, que chegará ao Centro Social do Mar o 15 de setembro ás 12.30 horas.

A proposta, baseada no libro-disco do mesmo título, “convida a vivir a radio en directo nun divertidísimo programa cheo de humor, baile e cancións onde non faltarán as habituais seccións de informativos, deporte, meteoroloxía ou axenda cultural. Todo isto con coidadas letras e ritmos pegadizos, incentivando a participación do público cun estilo fresco e cos elementos do medio radiofónico”.

ÚLTIMAS

O francés Adrien Loron e a chilena Fernanda Gildemeister, vencedores do MTB Downtown no Marisquiño

Marisquiño 2026 proclamou este domingo os gañadores de todas as competicións da súa XXVI...

O Marisquiño chega o seu final cun domingo decisivo para os títulos deportivos e o concerto de L0rna

A 26ª edición do festival de deportes e música urbana O Marisquiño chega ao...

Recuperar Vigo para a cidadanía

Hai cidades que avanzan porque son capaces de aproveitar o talento colectivo da súa...

Deteñen en Vigo unha muller tras agredir á súa parella

A Policía Local de Vigo detivo o pasado mércores a unha muller por supostamente...