InicioCulturaVigo Porté pospón a celebración da novena edición do Trofeo de Baile...

Vigo Porté pospón a celebración da novena edición do Trofeo de Baile ata 2021 pola pandemia

O festival íase celebrar os días 11,12 e 13 de decembro, tras varios aprazamentos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os organizadores do festival Vigo Porté pospuxeron a celebración da novena edición do Trofeo de Baile, prevista para os días 11,12 e 13 de decembro, ata 2021 pola pandemia.

Segundo trasladaron os organizadores do evento, esta decisión foi adoptada “debido aos últimos acontecementos da pandemia do virus da COVID-19 nos que cada día aparecen novos casos con novos confinamentos”.

Neste sentido, sinalaron o “díficil” que resultou adoptar esta medida dada “a ilusión dos bailaríns por participar nesta edición”. No entanto, incidiron na importancia de que os participantes, o público e a organización do festival poidan gozar do mesmo “sen restricións nin incertezas”.

En concreto, o festival estaba previsto para o pasado mes de abril, pero a súa celebración pospúxose primeiro ata xullo e logo ata decembro pola pandemia. Finalmente, decidiuse que a novena edición do evento teña lugar o próximo ano.

ÚLTIMAS

O xefe de equipo rompe a chorar no xuízo polo operario morto en Cardama: “Lévoo cargando estes anos”

O xefe de equipo do estaleiro Cardama, un dos acusados pola morte dun operario...

Paus, tubos, ferros e cadeiras… así foi a batalla campal entre siareiros do Celta e do Olimpique de Lyon

O Real Club Celta condenou os incidentes violentos ocorridos nas últimas horas na cidade,...

The Corrs actuarán en Vigo o 11 de agosto en Castrelos

A banda irlandesa The Corrs actuará no auditorio de Castrelos de Vigo o próximo...

O PP e o BNG de Vigo esixen mobilizar 60 millóns de remanentes para vivenda e servizos sociais

O Partido Popular e o BNG de Vigo coincidiron este mércores en demandar unha...