InicioCulturaO Porriño repite 26 anos despois un espectáculo musical nunha canteira

O Porriño repite 26 anos despois un espectáculo musical nunha canteira

Mercedes Peón e Baiuca actuarán o 29 de agosto nunha canteira porriñesa.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A alcaldesa do Porriño, Eva García, apela á “responsabilidade” das 500 persoas que asistirán o 29 de agosto ao Sons da Canteira, un festival que se celebrará nunha canteira en restauración neste municipio pontevedrés.

Este venres presentouse este festival, no que actuarán Mercedes Peón, Baiuca, Laura Lamontagne & PicoAmperio e DJ/VJ Juanma Lodo. A alcaldesa mostrouse “moi emocionada” con esta cita, na que considera que vai ser “unha experiencia fantástica“, á vez que chama a seguir as medidas de seguridade fronte ao COVID-19.

A concelleira de Cultura e responsable da organización deste evento que patrocina o Concello, Cami Moreira, lembra que non é a primeira vez que se elixe unha canteira no Porriño para un concerto, xa que en 1994 xa celebrou un baixo o nome ‘O son da pedra’.

Así, tradición galega e vangarda electrónica daranse a man nunha cita con “estritos protocolos de seguridade” fronte ao coronavirus, segundo explica a organización. Os espectadores poderán comer nunha das dúas ‘food trucks’ que acudirán ao evento, que contará con persoal dedicado en exclusiva á limpeza e xestión de residuos.

ÚLTIMAS

Balaídos terá unha ‘Tribuna Iago Aspas’: Caballero anuncia que levará o nome do xogador e terá unha estatua ao seu carón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a bancada de Tribuna do estadio...

Vox leva ao xulgado os incidentes nunha mesa informativa en Cangas e estuda accións polo acto frustrado de Santiago

Vox presentou este martes unha denuncia ante a sección de instrución do Xulgado de...

Foanpas denuncia “carencias de profesorado” e “caos” no transporte escolar neste inicio de curso en Vigo

A Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Centros Escolares de Vigo...

Vigo pon en marcha o Nadal: comeza a montaxe dos grandes elementos con case 13 millóns de luces

O Concello de Vigo iniciou este martes a montaxe dos grandes elementos do seu...