InicioCulturaO Festival de Cans seguirá "traballando" para que o certame se manteña...

O Festival de Cans seguirá “traballando” para que o certame se manteña para maio

A organización avanzou que actuarán "con prudencia" e que a protección da saúde será un criterio "irrenunciable" á hora tomar calquera decisión.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A organización do Festival de Cans comunicou este mércores a súa intención de “seguir traballando” coa vista posta na celebración da XVII edición do certame, prevista do 19 ao 23 de maio, aínda que recoñeceu que non descarta aprazalo, e que todo estará condicionado a que haxa garantías sanitarias.

Así, o festival trasladou que a alerta sanitaria pola expansión do coronavirus mantén “en albas” á organización e que, tal e como se están desenvolvendo os acontecementos, non se pode “asegurar neste momento que a situación vaia a estar normalizada a finais de maio”.

Por iso, avanzaron que actuarán “con prudencia” e que a protección da saúde será un criterio “irrenunciable” á hora tomar calquera decisión.

A organización sinalou que está en contacto coas autoridades sanitarias e acatará as súas recomendacións. Así mesmo, lembrou que as restricións de mobilidade tamén poden afectarlles, xa que están previstos numerosos desprazamentos de cineastas e artistas de fóra de Galicia.

Por tanto, a volta á normalidade será un requisito imprescindible para facer posible, desde o punto de vista loxístico, a celebración do Festival“, apuntaron desde a organización, e sinalaron que, en todo caso, tomarase unha decisión “no prazo máximo dun mes” sobre o mantemento ou non do certame.

Finalmente, expresaron o seu agradecemento ao persoal sanitario “pola súa dedicación e esforzo nestes momentos tan difíciles“, así como a súa “solidariedade” coas organizacións doutros eventos culturais e festivais que tiveron que ser cancelados pola alerta do coronavirus, especialmente co tres certames de cinema galegos suspendidos: Mostra Internacional de Cinema Etnográfico (MICE) de Santiago de Compostela, Festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay e Play-doc de Tui.

ÚLTIMAS

Así será a Cabalgata dos Reis Meigos de Vigo: 11 carrozas e moita fantasía

A Cabalgata dos Reis Meigos de Vigo sairá o luns sobre as 18.00 horas...

Vigo repartiu en 2025 máis de 3.500 axudas de emerxencia para atender a 8.870 persoas

O Concello de Vigo outorgou no ano 2025 un total de 3.548 axudas de...

O PP vigués acusa a Caballero de dar un “golpe fiscal” tras pechar 2025 con 200 millóns de remanentes

O grupo municipal do PP en Vigo denunciou o "machadazo fiscal" que levará a...

Vigo apagará as luces de Nadal o 11 de xaneiro e celebra os datos de ocupación

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, confirmou este venres que o acto de apagado...