InicioCultura(Vídeo) Música de pandeireta nos balcóns para aledar a corentena

(Vídeo) Música de pandeireta nos balcóns para aledar a corentena

O barrio da Ramallosa (Teo), encheuse de festa grazas ás coplas que lle botaron Sabela Maneiro e Olaia Tarrío.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Na tardiña deste luns, dúas das compoñentes do grupo de pandeireteiras TanxugueirasSabela Maneiro e Olaia Tarrío, decidiron agarrar as súas pandeiretas, aclarar a voz e botarlle unhas cantas coplas dende o balcón da súa casa e para o mundo enteiro. Únense así á iniciativa doutras músicas e da poboación en xeral que tamén emprega as xanelas para se expresar nestes días de confinamento para previr a expansión do coronavirus.

A veciñanza do barrio da Ramallosa (Teo), axiña se botou aos balcóns para disfrutar da música das Tanxugueiras e para agradecer este pequeno concerto que aledou a contorna por uns momentos. “Un luxo de veciñas!”, rezaba un dos vídeos que compartiron nas últimas horas en redes sociais e no que saía Sabela e Olaia interpretando unha das pezas acompañadas da pandeireta.

Ademais, con esta iniciativa remarcan a necesidade de quedar na casa e non saír á rúa agás para o estritamente necesario durante estes 14 días de corentena.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...