InicioCulturaMaría Solinha, a heroína de Cangas chega ás pantallas cunha historia do...

María Solinha, a heroína de Cangas chega ás pantallas cunha historia do século XXI

PUBLICADO O

- Advertisement -

MARIA SOLINHA 2.0, tal e como o propio título suxire, está baseada nunha historia real que se desenvolve na Cangas do s. XXI e comparte certos paralelismos coa lenda da heroína galega do século XVII.

A proposta cinematográfica deste novo filme de Ignacio Vilar entronca coa actual reclamación da dignidade da muller en todos os eidos da sociedade (familiar, laboral, educativo, político, xurídico…) e convida á reflexión sobre os desafíos que debe afrontar unha muller no s. XXI a través dunha orixinal historia con vocación universal.

Este proxecto do director de A esmorga, 2014 ou Sicixia, 2016 presentouse na 15ª edición do Festival de Cans. No seu desenvolvemento traballan as produtoras Vía Láctea Filmes e Vigópolis, e as súa rodaxe está prevista en diferentes localizacións da provincia de Pontevedra (Cangas, Vigo, Cíes, Bueu, etc.), para os meses de outubro e novembro de 2018.

MARIA SOLINHA conta a historia de Navia, unha moza de Cangas que soña con ser unha grande actriz. Obsesionada por dominar un revolucionario método interpretativo baseado na premisa grega “coñécete a ti mesmo”, non dubida en poñer en práctica un arriscado plan no que implica á súa profesora e amiga Montserrat. Será quen de acadar o seu obxectivo sen que o prezo social e persoal da súa ousadía lle resulte insoportable?

Esta nova cinta conta coa apoio da Deputación de Pontevedra e o Concello de Cangas.

ÚLTIMAS

Así será a Cabalgata dos Reis Meigos de Vigo: 11 carrozas e moita fantasía

A Cabalgata dos Reis Meigos de Vigo sairá o luns sobre as 18.00 horas...

Vigo repartiu en 2025 máis de 3.500 axudas de emerxencia para atender a 8.870 persoas

O Concello de Vigo outorgou no ano 2025 un total de 3.548 axudas de...

O PP vigués acusa a Caballero de dar un “golpe fiscal” tras pechar 2025 con 200 millóns de remanentes

O grupo municipal do PP en Vigo denunciou o "machadazo fiscal" que levará a...

Vigo apagará as luces de Nadal o 11 de xaneiro e celebra os datos de ocupación

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, confirmou este venres que o acto de apagado...