InicioCultura(Vídeo) Tony Lomba & Elio dos Santos volven inspirarse en Caballero

(Vídeo) Tony Lomba & Elio dos Santos volven inspirarse en Caballero

Os dous músicos vigueses actúan en Vigo cun novo tema inspirado no Nadal.

PUBLICADO O

- Advertisement -

“Vivo la Navidad”. Ese é o último tema que o dúo Tony Lomba & Elio dos Santos presentará en Vigo a vindeira semana. Un tema no que, como noutras ocasións, non faltan as referencias ao alcalde vigués, principel artífice dos cambios que están tendo lugar nesta época na cidade de Vigo.

Fai agora máis de 20 anos os astros confabularon o encontro do misto e o bidón de gasolina. Despois dun éxito irresistible cos 3 Sudamaricones (O gran salto á fama 1995) Tony Lomba & Elio dos Santos pasaron da wachu world music á canción lixeira máis pasional. De feito, son xa parella de feito musical desde 1997.

E como cada Nadal, este grupo tamén presenta as súas novidades. Nesta ocasión será o xoves 26 e sábado 28 de novembro na Fábrica de Chocolate de Vigo. Así, aos seus hits Hoy es un día especial , España, España, Alfredo landa, Follemos. Yes, we fuck, Ese amor de abuela ou Bunbury, este ano incluirán “Vivo la Navidad”.

ÚLTIMAS

Flor Baena reclama ao Concello de Vigo unha homenaxe oficial ao seu irmán Xosé Humberto

Flor Baena, irmá do vigués Xosé Humberto Baena Alonso, reclamou ao Concello de Vigo...

A viguesa Vanessa Glemsel compite este sábado polo Premio Nacional de Poesía Viva

A poeta viguesa Vanessa Ferreira Rodríguez, coñecida artisticamente como Vanessa Glemsel, participará este sábado na...

As familias do EEI Vila Laura saen á rúa para esixir á Xunta unha profesora de apoio

Nais e pais, docentes e alumnos do EEI Vila Laura de Vigo saíron este...

A Fiscalía pide ano e medio de prisión para un home acusado de acosar con insultos homófobos a un traballador en Vigo

Un home de 39 anos enfróntase a unha petición fiscal de ano e medio...