InicioCulturaO Festival de Cinema Inclusivo de Vigo aposta por facer visibles outras...

O Festival de Cinema Inclusivo de Vigo aposta por facer visibles outras realidades

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Festival de Cinema Inclusivo de Vigo presentou este venres a programación completa da súa cuarta edición, que se celebrará no Auditorio Municipal e nos cinemas Salesianos do 22 ao 26 de outubro, e que continuará apostando por facer visibles outras realidades.

Así, unha trintena de títulos, entre longametraxes, curtos, series e webseries, conforman esta programación, de entrada gratuíta, que pretende dar visibilidade a realidades “ocultas ou descoñecidos” a través do audiovisual, así como que o cinema sexa unha arte feita “por e para todas as persoas”.

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, participou no acto deste venres, onde destacou o festival como un encontro “único e pioneiro” que ten no seu valor social o seu principal elemento distintivo dentro do panorama cinematográfico galego.

Tamén asistiu o alcalde de Vigo, Abel Caballero, e a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva. Esta última subliñou o papel do festival “como factor de apoio á democratización da cultura”, segundo recolleu o ente provincial nun comunicado.

ÚLTIMAS

O xefe de equipo rompe a chorar no xuízo polo operario morto en Cardama: “Lévoo cargando estes anos”

O xefe de equipo do estaleiro Cardama, un dos acusados pola morte dun operario...

Paus, tubos, ferros e cadeiras… así foi a batalla campal entre siareiros do Celta e do Olimpique de Lyon

O Real Club Celta condenou os incidentes violentos ocorridos nas últimas horas na cidade,...

The Corrs actuarán en Vigo o 11 de agosto en Castrelos

A banda irlandesa The Corrs actuará no auditorio de Castrelos de Vigo o próximo...

O PP e o BNG de Vigo esixen mobilizar 60 millóns de remanentes para vivenda e servizos sociais

O Partido Popular e o BNG de Vigo coincidiron este mércores en demandar unha...