InicioCultura'Romaría', de Carla Simón, terá a súa estrea nacional este martes en...

‘Romaría’, de Carla Simón, terá a súa estrea nacional este martes en Vigo, onde se rodou a película

Tamén se poderá ver en Madrid e Barcelona antes da súa proxección en salas a partir do 5 de setembro

PUBLICADO O

- Advertisement -

A cidade de Vigo acollerá este martes, 26 de agosto, o primeiro do tres grandes preestreas organizadas para ‘Romería’, dirixida por Carla Simón e rodada na mesma cidade olívica durante o 2024. Esta será a primeira proxección que se realizará en España da cinta, que participou na Sección Oficial do Festival Internacional de Cinema de Cannes.

Este é a terceira longametraxe de Carla Simón, tras ‘Alcarrás’ (Oso de Ouro da Berlinale) e ‘Estiu 1993’ (Goya á Mellor Dirección Novel). En ‘Romaría’, que chega ás salas españolas o 5 de setembro, a cineasta segue explorando as relacións familiares e inspírase esta vez nas orixes da súa familia biolóxica paterna.

O Auditorio Mar de Vigo é o lugar escollido para a estrea nacional, que arrincará ás 19.00 horas e contará coa presenza do equipo. Antes da súa chegada a cinemas, tamén se poderá ver en Barcelona (28 de agosto ás 20.00 en Mooby Aribau) e Madrid (3 de spetiembre ás 22.00 en Cibeles de Cinema).

Para asistir á proxección de Vigo é necesario contar cunha invitación, que xa non se pode conseguir. A produtora e distribuidora da película, Elastica, puxo a disposición das persoas interesadas as últimas dispoñibles estea sábado a través do seu perfil de Instagram. Con todo, os pases esgotáronse na ligazón habilitada en menos de 24 horas. Nos casos de Madrid e Barcelona, onde as entradas estaban á venda a través das páxinas das respectivas salas, están igualmente esgotadas.

ÚLTIMAS

(Vídeo) Da ficción á realidade: o deporte de “darse de paus” que conquista Vigo

En 1989 estreábase The Blood of Heroes (Salute of the Jugger nos EUA), un...

Falece un home en Vigo tras caer dun tellado mentres o arranxaba

Un home perdeu a vida no lugar de Medeiro, en Vigo, tras caer dun...

BNG insiste en que os parques de bombeiros de Vigo operan por horas extra

O grupo municipal do BNG en Vigo saíu este venres ao paso das palabras...

Detido en Vigo por agredir e ameazar á súa muller cun coitelo tras revisar o seu móbil

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un veciño da cidade, P.M.V.T., de...