InicioCultura"Vigo é cinema. Nin Hollywood é capaz de dicir isto", di Caballero...

“Vigo é cinema. Nin Hollywood é capaz de dicir isto”, di Caballero tras máis de 50 rodaxes na cidade

Reivindica a cidade como estudio de cinema: "Todo aquilo que un director necesita, atópao na cidade".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reivindicou á cidade como estudio de cinema, tras máis de 50 rodaxes levadas a cabo na urbe olívica en 2024: “Todo aquilo que un director necesita, atópao en Vigo”. Así o sinalou este xoves na súa intervención durante a presentación da Vigo Filme Office na Feira Internacional de Turismo (Fitur), que se celebra durante esta semana en Madrid.

Alí, Caballero subliñou que “Vigo é cinema” e que cada historia de cada cidadán é “un guión”. Para el, a urbe ten luz, cor ou actores e actrices polo que “todo aquilo que un director necesita, atópao”. “Nin Hollywood é capaz de dicir isto”, subliñou, chanceando con que se instalarán unhas letras “máis grandes” que poñan Vigo (semellantes ás de Hollywood).

O alcalde destacou o agarimo co que Vigo recibe as rodaxes e as facilidades que o Concello ofrece para que cada vez máis directores elixan a cidade para as súas ideas. Antes, a responsable da Vigo Filme Office, Amaia Mauleón, puxo en valor os máis de 50 rodaxes levadas a cabo o ano pasado na cidade, que é “amigable” e “amable” con todo aquel que a visita. Mauleón referiuse a a cantidade de localizacións distintas que están a menos de 15 minutos na cidade, coas súas praias e as súas rúas. Tamén falou das charlas e conferencias sobre cinema que organiza a súa asociación durante todo o ano.

Na presentación tamén participou o actor Antonio Durán ‘Morris’, quen tamén quixo destacar que Vigo non é só un estudio, senón que permite incorporar á película, serie ou audiovisual que se rode “moitas cousas” das súas xentes, xa que teñen “unha ideosincracia moi especial”.

ÚLTIMAS

Rueda reúnese cos responsables de Conxemar para impulsar o sector da pesca transformada en Galicia

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, celebrou esta semana un encontro na...

Xulgan en Vigo unha muller acusada de estafar 6.800 euros cun falso aviso dun “fillo en apuros”

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrará o...

A RAG abre en Vigo a Semana das Letras Galegas coa proxección dun documental sobre Begoña Caamaño

A Real Academia Galega (RAG) abre este luns en Vigo, cidade natal da homenaxeada...