InicioCulturaÓpera, zarzuela e pop contemporáneo na Gala Lírica deste sábado no Teatro...

Ópera, zarzuela e pop contemporáneo na Gala Lírica deste sábado no Teatro Afundación

Comezará ás 20.00 horas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, animou este xoves aos cidadáns a asistir o sábado, día 11 de xaneiro, á Gala Lírica 2025, que organiza o Concello en colaboración co Centro Veciñal e Cultural de Valladares e coa Unión Musical de Valladares. Será o Teatro Afundación o que acollerá a partir das 20.00 horas esta cita, que inclúe a interpretación de máis dunha decena de pezas de ópera clásica, zarzuela, cinema e cancións pop contemporáneas.

En concreto, a Coral Polifónica do C.V.C. de Valladares e o grupo de cámara da Unión Musical de Valladares actuarán xunto ás soprano Indra Sesti Dei Lucca e Teresa Iglesias Ramilo. Caballero puxo en valor que a entrada será gratuíta ata completar aforamento, indicando que a gala se converteu nunha cita cultura “da maior relevancia” para a cidade.

ÚLTIMAS

Vigo aproba a taxa turística: custará entre 0,80 e 2 euros por noite segundo o aloxamento

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o proxecto...

En liberdade provisional os tres detidos na operación antidroga de Vigo

O tribunal de instancia de Vigo, sección de Instrución, praza 4, decretou a posta...

Vigo reforza o servizo de extinción de incendios coa incorporación de 30 novos bombeiros

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o nomeamento...

Belén Rubio coloca o campus de Pontevedra no centro do seu proxecto para liderar a UVigo

A candidata á reitoría da Universidade de Vigo pola agrupación H2040, Belén Rubio, situou...