InicioCulturaVigo súmase o Ano Castelao con varios actos no Museo Marco

Vigo súmase o Ano Castelao con varios actos no Museo Marco

PUBLICADO O

- Advertisement -

O museo Marco de Vigo súmase ás celebracións do Ano Castelo este 2025, cando se cumpren 75 anos da morte do intelectual, escritor e pintor galeguista, cunhas xornadas que se celebrarán ao longo do mes de xaneiro, coordinadas por Ramón Rozas.

Así, o museo acollerá o 14 de xaneiro un encontro con Pilar García Negro e Xosé Carlos López Bernández; o 23 de xaneiro será a quenda de Ana Cuña e Kiko da Silva; e o 28 de xaneiro intervirán Montse Fajardo e Anxos Tilve.

Estas xornadas, destacou o alcalde da cidade, Abel Caballero, terán lugar ás 19,00 horas con entrada libre, e servirán para achegar á cidadanía a figura de Castelao, facendo balance da súa obra como escritor, pintor e intelectual, con énfase no seu compromiso político, que “marcou de forma tan importante o pensamento e a evolución de Galicia”.

Ademais, desde o 14 de decembro e ata o 28 de febreiro, pode visitarse no museo vigués a exposición ‘Castelao grafista’, que reúne obras e documentación sobre o traballo gráfico do rianxeiro, con especial atención ás primeiras edicións dos seus libros, á revista Nós ou á serie Cousas dá Vida.

ÚLTIMAS

O xefe de equipo rompe a chorar no xuízo polo operario morto en Cardama: “Lévoo cargando estes anos”

O xefe de equipo do estaleiro Cardama, un dos acusados pola morte dun operario...

Paus, tubos, ferros e cadeiras… así foi a batalla campal entre siareiros do Celta e do Olimpique de Lyon

O Real Club Celta condenou os incidentes violentos ocorridos nas últimas horas na cidade,...

The Corrs actuarán en Vigo o 11 de agosto en Castrelos

A banda irlandesa The Corrs actuará no auditorio de Castrelos de Vigo o próximo...

O PP e o BNG de Vigo esixen mobilizar 60 millóns de remanentes para vivenda e servizos sociais

O Partido Popular e o BNG de Vigo coincidiron este mércores en demandar unha...