InicioCulturaVolverá abrir as súas portas o Teatro Cine Fraga?

Volverá abrir as súas portas o Teatro Cine Fraga?

A Deputación de Pontevedra aprobou este martes o acordo coa Xunta para a adquisición, por parte de ambas as institucións, do antigo Teatro Cinema Fraga de Vigo, unha operación valorada en 9,3 millóns de euros, e na que o goberno galego achega o 51 % e a Deputación o 49 % restante.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Deputación de Pontevedra aprobou este martes o acordo coa Xunta para a adquisición, por parte de ambas as institucións, do antigo Teatro Cine Fraga de Vigo, unha operación valorada en 9,3 millóns de euros, e na que o goberno galego achega o 51 % e a Deputación o 49 % restante. O acordo chega horas despois de que o Consello da Xunta fixese o propio, e permite avanzar na recuperación deste inmoble emblemático, propiedade ata agora de Abanca, e que leva pechado desde 2001 (seis anos despois pechábase a sala de festas-discoteca Nova Olimpia, nos baixos do edificio).

As instalacións deberán ser revisadas por técnicos da Consellería de Cultura para analizar que obras son necesarias para completar a súa rehabilitación (unha gran parte dos traballos fixéronse entre 2008 e 2011, pero a obra quedou paralizada) e, a partir de aí, elaborar un plan de usos. O Teatro Cine Fraga, cun gran auditorio de 1.600 butacas, volverá recuperar o uso cultural. “É un paso máis para recuperar para a cidadanía un emblema cultural de Vigo”, sinalou o presidente da Deputación, Luís López.

ÚLTIMAS

A Xunta autoriza a licitación de 55 vivendas públicas en San Paio de Navia

O Consello da Xunta deu luz verde á licitación do contrato de execución das...

A ‘guerra’ de pantallas non dá tregua: Abel Caballero chama aos vigueses a ver a semifinal nunha “pantalla xigante de verdade”

A peculiar 'guerra' entre Deputación de Pontevedra e Concello de Vigo pola instalación de...

Condenado a tres anos de prisión un home por tráfico de drogas

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a condena de tres anos...

Saen dous camións de bombeiros de Vigo cara a Ucraína

O Concello de Vigo formalizou a doazón de dous camións de bombeiros a Ucraína,...