InicioCulturaA coral Casablanca actuará un ano máis en Castrelos

A coral Casablanca actuará un ano máis en Castrelos

Trátase xa dunha tradición, debido a que dita coral actúa cada ano en Castrelos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A coral Casabranca actuará o 20 de xullo no auditorio de Castrelos de Vigo, segundo anunciou o alcalde, Abel Caballero. Este concerto enmárcase nas Festas de Vigo que organiza o Concello e, tal como dixo o rexedor, trátase xa dunha tradición, debido a que dita coral actúa cada ano en Castrelos.

Poranse cadeiras na platea para que os asistentes poidan sentar e, se se supera o aforamento, tamén estarán dispoñibles as bancadas. Ata agora, confirmáronse as actuacións en Castrelos de Dani Fernández (13 de xullo), Luís Fonsi (23 de xullo), Sen Senra (25 de xullo), Luz Casal (2 de agosto), UB40 (7 de agosto), Víctor Manuel (14 de agosto) e Melendi (17 de agosto).

ÚLTIMAS

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...

Un xulgado de Vigo falla contra a Sareb e permite a un veciño de Privada Moderna quedar no seu piso

A praza 7 da Sección Civil do Tribunal de Instancia de Vigo fallou en...