InicioCulturaA Real Filharmonía de Galicia reúnese co seu público no Teatro Afundación...

A Real Filharmonía de Galicia reúnese co seu público no Teatro Afundación para “coñecer as súas impresións”

O obxectivo é escoitar as propostas e as impresións sobre o seu repertorio e os seus recitais "con vistas a seguir incidindo na apertura a novos públicos".

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Real Filharmonía de Galicia participará nun encontro en Vigo con persoas abonadas á Tempada de Clásica de Afundación e público xeral para escoitar as propostas e as impresións sobre o seu repertorio e os seus recitais “con vistas a seguir incidindo na apertura a novos públicos”.

Segundo explican nun comunicado, neste foro participarán o director titular e artístico da Real Filharmonía de Galicia, Baldur Brönnimann, e a directora técnica, Sabela García Fonte, quen tamén animarán a debater sobre o futuro das orquestras. O encontro terá lugar este martes 12 de marzo, ás 19.00 horas, no Auditorio do Teatro Afundación (entrada pola rúa Marqués de Valladares). A entrada é libre ata completar o aforamento.

ÚLTIMAS

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...

Un xulgado de Vigo falla contra a Sareb e permite a un veciño de Privada Moderna quedar no seu piso

A praza 7 da Sección Civil do Tribunal de Instancia de Vigo fallou en...