InicioCulturaOito das dez curtametraxes que competirán na sección Furacáns do Festival de...

Oito das dez curtametraxes que competirán na sección Furacáns do Festival de Cans están dirixidas por mulleres

O certame cinematográfico presentou a lista de dez obras audiovisuais que intentarán obter o galardón o vindeiro mes de maio no Porriño.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Festival de Cans, cuxa XX edición terá lugar nesta aldea do Porriño do 16 ao 20 de maio, elexiu para a súa sección competitiva Furacáns un total de dez curtametraxes, das cales seis serán estreas e oito están dirixidas por mulleres cineastas. Esta sección está dedicada a obras de non ficción e a autores e autoras que “na maioría dos casos asumen riscos narrativos afastándose de fórmulas máis convencionais”, segundo explica a organización do certame cinematográfico.

Entre as estreas que terán lugar en Cans estarán My Truth, unha curtametraxe que reflexiona sobre a conexión entre imaxes e diferentes testemuñas relacionadas coa saúde mental, dirixida pola debutante Marta Bouzas. Tamén Ningún Deus, de Miriam Opazo, un achegamento autobiográfico ao entroido ourensán a través das máscaras, a identidade e a iconografía.

Tamén se poderá ver por primeira vez rematada a obra Notas sobre a violencia de Marta Valverde, unha montaxe sobre a normalización da violencia na vida cotiá a partir de textos de Remedios Zafra. Outra das estreas é Envés, o novo traballo da cineasta Ángeles Huerta, directora do filme O Corpo Aberto. As dúas obras restantes que terán a súa estrea en Galicia son Tegoyo, de Guillermo de Oliveira, e A lingua resiste no estómago dun agricultor morto, de Acacia Ojea.

En Furacáns tamén estará a curta Hondarrak, de Marta Gómez e Paula Iglesias. “Unha mirada con perspectiva feminista que afronta a crise dos coidados e cuestiona un modelo que permanece inamovible”, sinalan os organizadores do festival. Ademais, a memoria histórica tamén está presente nesta sección con Mariví, na pel da memoria das irmáns Coral e Laura Piñeiro, sobre a vida de resistencia da galega Mariví Villaverde.

As curtas que completan a sección son O amor é auga que corre, da cineasta Claudia Pineda, na que constrúe un ensaio poético sobre o amor ligado á vida e á morte e Malgrat, un relato autobiográfico construido a partir dun arquivo familiar, obra de Santi Teijelo.

ÚLTIMAS

O barco de Greenpece máis efeciente leva o selo vigués

Trátase dun veleiro de 75 metros cuxo deseño sitúa no centro a propulsión eólica...

Un coche arde na AP-9 á altura de Peinador e provoca novas retencións quilométricas en Vigo

A AP-9 volveu rexistrar importantes problemas de circulación este mércores, 25 de novembro, tras...

O Concello de Vigo iniciará “nos próximos días” as obras de impermeabilización do pavillón de Navia

O Concello de Vigo iniciará "nos próximos días" as obras de impermeabilización da cuberta...

PP pedirá no Pleno de Vigo o cesamento do concelleiro responsable do servizo de bus ante o “posible amaño” do concurso

O grupo municipal do PP en Vigo presentará unha moción no Pleno que se...