InicioSociedadeO BNG demanda a retirada da cruz de O Castro en Vigo...

O BNG demanda a retirada da cruz de O Castro en Vigo para “reparar a memoria democrática”

O deputado Néstor Rego defende que a retirada é a "única resignificación posible" do monumento.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O BNG esixiu este luns a retirada da cruz de O Castro de Vigo, cualificándoa de “monumento franquista” e non de “símbolo relixioso”. O deputado no Congreso, Néstor Rego, xunto ao portavoz local, Xabier Pérez Igrexas, defendeu que a eliminación é un “acto de reparación da memoria democrática”.

Rego subliñou que a cruz foi levantada polo franquismo para a “exaltación” da ditadura, co obxectivo de homenaxear aos “caídos por Deus e por España”. Malia ter sido “resignificada” para lembrar os falecidos na Guerra Civil, o BNG insiste en que “continúa sendo un símbolo” do réxime e que a súa retirada é a “única resignificación posible”.

O BNG tamén criticou a decisión xudicial de 2014 que aceptou a resignificación, e lamentou que a Xustiza se incline “para posicións claramente retrógradas”. Ademais, lembraron que foi o goberno local de Abel Caballero o que recorreu a sentenza que obrigaba á súa demolición naquela data. Por iso, o Bloque pide agora ao Goberno central que inclúa o monumento no catálogo de símbolos franquistas que prepara o Executivo, o que permitiría eliminalo posteriormente.

ÚLTIMAS

“A ameaza de carencia de auga é moi severa”, alerta o alcalde de Vigo

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, exixiulle á Xunta que reduza "de forma inminente"...

Caballero carga contra os “ignorantes do PP” que non ven que o AVE por Cerdedo avanza “máis rápido que nunca”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, saíu ao paso das críticas do PP da...

PP denuncia que o goberno de Vigo non pediu a axuda estatal de 3,5 millóns para bonificar o billete do bus urbano

O PP de Vigo denunciou este mércores que o goberno local non solicitou a...

Do voto dos emigrantes ao voto da diáspora: como mudou o sufraxio exterior en Galicia

Durante décadas, o voto exterior galego funcionou cun sistema no que a Administración enviaba...