InicioSociedadeDetectado un gromo de 28 contaxios nunha residencia de maiores de Salvaterra

Detectado un gromo de 28 contaxios nunha residencia de maiores de Salvaterra

Hai 25 usuarios e 3 traballadores contaxiados.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Nova dificultades sobre a área sanitaria de Vigo. Na mesma xornada en que vén de ser anunciada a maior suba de casos activos de coronavirus dende marzo, foi rexistrado un gromo de considerable dimensión nunha residencia de Salvaterra. O foco de contaxio afecta a tres traballadores e 25 anciáns.

A magnitude do gromo vén de elevar ó concello de Salvaterra ó nivel vermello no mapa que publica a Consellería de Sanidade. As primeiras sospeitas indican que o gromo pode estar relacionado cos 10 casos detectados dun grupo de costureiras, entre as que está unha traballadora do centro. Segundo indica a Xunta, procedeuse ó illamento das persoas infectadas para evitar novos contaxios.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...