InicioPonteareas terá o primeiro Plan de Igualdade do persoal do Concello

Ponteareas terá o primeiro Plan de Igualdade do persoal do Concello

O pleno de Ponteareas tamén ratificou un manifesto polos dereitos das persoas LGTBI.

PUBLICADO O

O pleno de Ponteareas aprobou o primeiro Plan de Igualdade do persoal municipal do Concello. A través de 39 actuacións divididas en 7 áreas de intervención, o documento aprobado o 27 de xullo ten como obxectivo “camiñar cara a igualdade entre ambos xéneros na plantilla de persoal da entidade local”. Con este Plan, o Goberno local pretende incorporar a perspectiva de xénero na xestión dos recursos humanos do Concello, fomentar a igualdade de oportunidades, integrar o respecto pola igualdade na cultura e incrementar o impacto positivo do xénero nas políticas e servizos públicos. O documento está promovido pola concellaría de Benestar Social e Igualdade, dirixida por Verónica Carrera. A violencia contra as mulleres, a saúde laboral, o acceso ao emprego ou a información e sensibilización son algunhas das áreas que establece o plan aprobado no pleno. UNAMINIDADE POLOS DEREITOS LGTBI O concello de Ponteareas declarouse como un “municipio de liberdade para todas as persoas independentemente da súa identidade de xénero ou afinidade sexual”. Fíxoo a través dun manifesto polos dereitos das persoas LGTBI, consensuado por todas as forzas políticas da corporación municipal. Con el mostran a súa vontade de “construír unha sociedade inclusiva con oportunidades para todos e para todas”  

ÚLTIMAS

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...

Detido un home en Vigo por saltar unha orde de afastamento dunha muller coa que foi sorprendido discutindo na rúa

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 44 anos de...

Un accidente na Ponte de Rande provoca retencións na AP-9

Un accidente na ponte de Rande provoca retencións na autoestrada AP-9 en dirección Pontevedra,...

Deteñen un home en por presunta agresión á súa nai octoxenaria

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un veciño da cidade, A.I.R., de...