A falecida en Mondariz-Balneario era a muller do candidato socialista en Mondariz

Manuel Fernández tamén resultou ferido o accidente.

Árbore caída en Mondariz que deixou un morto entre os asistentes a un concerto / TVG

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, mostrou o seu pesar polo falecemento dunha muller o pasado domingo por mor dunha caída dunha árbore mentres gozaba dun concerto no municipio pontevedrés de Mondariz-Balneario.

A muller falecida é esposa de Manuel Fernández Outerelo, candidato socialista á alcaldía de Mondariz fai dúas lexislaturas e que tamén resultou ferido o accidente, rexistrado na tarde noite do domingo nos xardíns do Gran Hotel de Mondariz-Balneario.

Este luns, Caballero quixo iniciar a súa rolda de prensa na Cámara autonómica expresando as súas condolencias polo sucedido e desexando unha pronta recuperación a Fernández Outerelo.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here