InicioEconomíaO Balneario de Mondariz reuniu unha trintena de empresarias co lema "a...

O Balneario de Mondariz reuniu unha trintena de empresarias co lema “a necesidade de reiventarse”

PUBLICADO O

O Balneario de Mondariz acolleu o I Encontro Empresarial de Empresarias de Galicia, coa colaboración do GDR Condado Paradanta, que trata de dinamizar social e economicamente a comarca, apoiando neste caso ao emprendemento feminino.

Un xantar ao que asistiron máis dunha trintena de empresarias e no que se falou dos novos retos nas mulleres, a partir do relatorio “ Reinventarse profesional e persoalmente. Unha aposta de futuro”, da directora de Comunicación do Balneario de Mondariz.

Ela mesma amosou un paralelismo na súa reinvención profesional desde a prensa diaria ata o seu traballo nas direccións de comunicación de empresas como Gene-Cabaleiro D’Aquino, Mundo Noivas, Carolina Herrera, Pili Carreira, Talaso Atlántico e o Balneario de Mondariz, onde traballa desde 2004; e o desenvolvemento desta empresa de éxito na vila termal galega.

Coa idea de que os postos de responsabilidade nas empresas necesitan paixón e traballo en equipo, deuse a coñecer o proxecto humano que o presidente de Balneario de Mondariz, Javier Solano, leva desenvolvendo desde 1994 cando iniciou a recuperación do complexo nun momento no que o termalismo se tachaba de “obsoleto”.

Un xantar “networking” no que estivo presente a vicepresidenta de Mulleres Empresarias, Mar Ferrero, e o director xeral do Balneario de Mondariz, Kiko Rial, que se uniu á xornada de traballo con empresarias de diferentes sectores da economía do sur de Galicia.

ÚLTIMAS

Chega aos Play Doc ‘Salvaxe, Salvaxe’ un filme ecoloxista galego premiado en Málaga

O filme galego ‘Salvaxe, Salvaxe’ chega a Galicia este mes de maio, despois de...

Encontrado o cadáver dunha muller dentro dun coche aparcado nun parking de Samil

O cadáver dunha muller foi achado dentro dun coche que estaba aparcado nun parking...

A oposición viguesa denuncia que Caballero veta o pronunciamento da Corporación sobre a saída sur e o AVE a Porto

Os grupos da oposición no Concello de Vigo denunciaron este mércores que o goberno...

Saen de prisión os tripulantes do MV Karar coa obrigación de comparecer quincenalmente

Os 14 tripulantes do MV Karar, interceptado en abril de 2020 cando navegaba cara...