O Pozo do Inferno de Crecente completa a súa transformación

Fervenza Pozo do Inferno / Galicia Máxica
Cun investimento cercano aos 25.000 euros, a Consellería de Medio Ambiente rematou o novo mirador no Pozo do Inferno de Crecente mellorando tamén os accesos, con escaleiras e pasarelas en madeira.
O Pozo do Inverno (parroquia de Vilar) foi revalorizado nestes últimos anos con diversas obras, incluíndo as labores de recuperación do bosque de ribeira, indispensable para o desenrolo medioambiental do lugar.
Os traballos contan tamén con achegas do Fondo Europeo Agrícola de Desenrolo Rural, para o coidado e conservación dunha zona natural, a do río Ribadil, provista de diferentes especies que conforman unha vexetación autóctona.
Pola súa parte, Ana María Díaz, directora xeral de Patrimonio Rural, acentuou a contribución desta iniciativa para a dinamización do medio natural, e para que a sociedade galega poida disfrutar das paraxes naturais desta terra.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here