Lazoiro acada o premio de dinamizador rural comarcal Condado Paradanta na gala do GDR

O premio conta cunha dotación económica de 1.000 euros.

II Gala dos premios GDR Condado Paradanta, que outorgou o premio á asociación Lazoiro./ remitida

Lazoiro vén de ser recoñecido como dinamizador rural a nivel comarcal pola da gala dos II Premios ao Dinamizador Rural que desenvolve o GDR Condado Paradanta, que tivo lugar este pasado xoves 23 de decembro na escola de música de Rubiós, no concello de As Neves. A acto foi presentado por Pepo Suevos e nel tivo lugar a entrega do premio, que conta ademais cunha dotación económica de 1.000€.

O premio de dinamizador rural outorgado grazas aos proxectos desenvolvidos pola asociación dende o seu nacemento no ano 2013. Entre eles destacan ‘Memoria de Salvaterra’, de recuperación fotográfica, exposicións e curtas audiovisuais, ’17 Parroquias’, centrado en facer exposición sobre o patrimonio material e inmaterial das parroquias da vila ou o ‘Proxecto Ríos’, adicado á custodia e limpeza do río Tea e Miño. A asociación realiza ademais xornadas sobre botánica e astronomía, andainas, charlas e outro tipo de actividades relacionadas coa animación socio cultural de Salvaterra e as súas parroquias.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here