InicioSociedadeA Festa da Lamprea de Arbo levanta paixóns en China con miles...

A Festa da Lamprea de Arbo levanta paixóns en China con miles de seguidores

PUBLICADO O

- Advertisement -

Arbo, a lamprea, as súas receitas, a pesca e a Festa da Lamprea, están a causar unha gran expectación en China, trala visita dunha xornalista gastronómica dese país. A lamprea é un singular animal que segue espertando paixóns e curiosidades entre todas aquelas persoas que descobren a súa existencia.

O pasado mes, unha xornalista chinesa desprazouse ata o Concello de Arbo para realizar un programa de dúas horas sobre a Lamprea, a pesca, a gastronomía e a Festa da Lamprea, para o medio de comunicación online Pear video.

Programa / Concello de Arbo

O equipo de contido e operacións de video de Pear está formado por membros
experimentados de influíntes medios chineses comoThePaper.cn ou o Shanghai Media Group, entre eles corresponsais de guerra, cineastas documentales e geeks creativos de Internet. O programa gravado en Arbo conseguiu 500.000 visualizacións no seu primeiro lanzamento.

Programa / Concello de Arbo

“Unha vez máis queda demostrado que Arbo é referencia deste vertebrado, o máis antigo do Planeta, e que podemos ter o orgullo de levar o sobrenome de Arbo Capital Mundial da Lamprea”, subliñan dende o Concello.

“A lamprea, especie milenaria, convertíase no ano 1961 en símbolo identificativo de Arbo coa súa primeira Festa, declarada de interese Turístico Nacional no ano 2016 e que aspira a ser de Recoñecemento Interese Turístico Internacional”, declara o Alcalde Horacio Gil, que tamén afirma que a visita da xornalista e o interese de medios chineses na Festa, “é unha mostra da paixón que suscita no panorama tanto nacional como internacional”.

Programa / Concello de Arbo

ÚLTIMAS

Responsables do Golf Ría de Vigo negan fraude de case 1,5 millóns a Facenda

A muller do responsable do club de golf Ría de Vigo, acusado de varios...

“Queremos outra sanidade”, SOS Sanidade Pública manifestarase este mércores en Vigo

SOS Sanidade Pública anunciou que volverá manifestarse en Vigo o vindeiro mércores, día 4...

Intervida unha narcolancha cando era transportada nun camión en Mos

A Garda Civil de Pontevedra interveu unha posible narcolancha que estaba a ser transportada...

Ábrese o prazo de exposición pública para a revisión de autorización ambiental de CZ Vacines (Zendal) no Porriño

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este venres a resolución pola que se...